REDE PARA A RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS
NO PNMT ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
A supervivencia e o equilibrio de calquera ecosistema ten os seus piares máis fortes na conservación da biodiversidade, e neste senso, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, coa súa abraiante biodiversidade, convírtese nun área protexida da que se benefician os seus ecosistemas ademáis dos sectores socioeconómicos da súa propia área de influencia.
Así e todo, o aproveitamento dos seus recursos, xunto coa convivencia das especies alí presentes, leva aparellada unha serie de ameazas que poden chegar a rachar o equilibrio ecosistémico e socioeconómico se non se toman as medidas oportunas en tempo e forma.
A grave problemática que suponen os lixos mariños na actualidade en todo o planeta, é unha realidade da que tristemente o Parque Nacional non escapa, e é por isto, e co obxectivo primordial de minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que no ano 2018 se decidiu actuar nun dos enclaves do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Sálvora, onde a “Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia” desenvolveu unha chea de actividades encamiñadas a paliar na maior medida do posible este preocupante problema.
Tralo éxito da campaña do 2018 no arquipélago de Sálvora, e coa experiencia adquirida ao longo de todo o ano, neste ano 2019 decidíuse continuar nesta mesma liña de actuación pero estendéndoa e focalizándoa noutros dos arquipélagos do PNMTIAG, os de Ons e Cortegada.
O PROXECTO
A esta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” cuxos traballos van a desenvolver ao longo deste ano 2019 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, súmaselles tamén, e coa mesma figura que o parque nacional o Instituto Español de Oceanografía(IEO).
Do mesmo xeito que no ano precedente, contaremos dentro do proxecto coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecolódica por medio do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), dentro dunha iniciativa enmarcada no proxecto LIFE IP INTEMARES “Gestión integrada, innovadora, y participativa de la Red Natura 2000 en el medio marino español”.
COLABORADORES
Os colaboradores do proxecto son:
ALENTO, Asociación de Daño Cerebral
AMARCARRIL, Asociación de Mariscadoras de Carril
AMICOS, Asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual
ANMUPESCA, Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca
ASNAUGA, Asociación de Clubes Náuticos de Galicia
Asociación Con Eles
Asociación de Kayak de Mar Bueu
Asociación Española de Basuras Marinas
Asociación de Rañeiros de Arousa
Asociación Rompetimóns
BATA, Baión Asociación Tratamiento de Autismo
CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños
CETMAR
Concello de Vilagarcía de Arousa
Club Náutico Portonovo
Club Mergullo CROA Foto-Sub
Club Subacuático Pérez-Sub
Club Subacuático SotaventoCofradía de Aguiño
Consello Regulador do Mexilón de Galicia
Escola de Capataces Forestais de Lourizán
Espeleo Club Aradelas
Federación Gallega de Actividades Subacuáticas
Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra
GALP Ría de Arousa
GALP Ría de Pontevedra
ICEMAR - Curso Especialista de Innovación Competitividad y Emprendimiento en torno al Mar da Universidade de Vigo
IGAFA, Instituto Galego de Formacion en Acuicultura
INTECMAR
Porto de Marín
Portosub Centro de Buceo
Reciclanoil S.L.
SpainKayak
Unión de Radioaficionados Estañoles, Estación Especial AN1WHC
Universidade de Santiago de Compostela
Universidadede Vigo
WWF
Xefatura Comarcal de Ribeira. Consellería do Mar
OBXECTIVOS
O principal obxectivo desta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” é o de recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do Parque Nacional desde a sustentabilidade, implicando na maior medida do posible á poboación local, sobre todo, do sector pesqueiro, ben sexa de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores de diferentes organismos e universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de ensino, voluntarios, concellos, etc.
DOCUMENTOS E INFOGRAFÍAS