↵
AVISO: OS VISITANTES A ILLA DE ONS EN TEMPADA ALTA DEBERÁN CONTAR A COA AUTORIZACIÓN DA CENTRAL DE RESERVAS NO MOMENTO DE MERCAR O BILLETE A NAVIERA.
Identificación: Pertence ao concello de BUEU Superficie: 2.641Hectáreas: 470 ha terrestres y 2.171 ha mariñas. Outras figuras de protección: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) dende 2001. Incluido no ZEC “Complexo Ons-O Grove”. |
O arquipélago de Ons, fronte á ría de Pontevedra, presenta unha costa occidental con cantís de suave caída plagados de numerosas furnas como a do Buraco do Inferno, e un lado oriental de costa rochosa de baixa altura salpicada de areais, entre os cales destacan a praia e as dunas de Melide. Está formado por dúas illas; Ons, a máis grande e inda poboada, e Onza, máis pequena e toda ela zona de reserva.
Ademais dos seús valores naturais a illa de Ons destaca polo seu interés etnografico e cultural xa que contou cunha importante poboación illán que tivo que adapatarse a unha vida no medio do mar.
Asistencia sanitaria: Ata o momento, ningún dos arquipélagos conta con persoal sanitario de forma permanente, tan só nos meses de Xullo e Agosto e Setembro disponse deste servizo durante o día, xa que coincide coa maior afluencia de visitantes. En Ons, o servizo localízase na zona do Curro preto do Centro de Visitantes.
Auga potable: En Ons as fontes encóntranse sinalizadas pero carecen de garantias sanitarias.
Aseos públicos: Só hai baños públicos no Centro de Visitantes.
Áreas de descanso: Son zonas sombreadas habilitadas con mesas e bancos de madeira. Hai tres zonas; unha a carón da praia de "Area dos Cans", outra o carón da praia das Dornas e outra o lado do camping.
Co obxectivo de ofrecer ao visitante unha atención personalizada que lle permita coñecer o espazo protexido e realizar unha visita de calidade, o Parque Nacional dispón dunha serie de equipamentos específicos, así como dos servizos básicos necesarios para a recepción e acollida de visitantes. Ons conta actualmente cos seguintes equipamentos:
Caseta de Información: Situada xusto ao final do peirao, o lado da "Praia dás Dornas", nela pódese solicitar toda a información que se precise sobre o Parque Nacional, tanto en cuestión de servizos coma de posibles actividades a realizar nas illas. O seu principal obxectivo é ofrecer ao visitante toda a información que lle permita aproveitar ao máximo a súa visita no Parque. Este servizo está dispoñible sempre que haxa servizo regular de transporte marítimo e funciona con horario ininterrompido os mediodias durante os meses de Xullo e Agosto.
Centro de Visitantes de Ons: Situado no barrio de Curro fronte a igrexa, este centro ocupa o edificio da antiga escola da illa. Está baseado no patrimonio e etnografía da illa e os seus illáns. O centro, xeralmente, está aberto polas tardes durante a tempada regular .
Miradoiros: Aínda que existen multitude de lugares nas illas dende onde admirar a paisaxe. En Ons, o miradoiro de Fedorentos é o mais coñecido xa que nos ofrece unha impresionante panorámica cara o sur ; coa illa de Onza, as illas Cíes, e a zona continental máis próxima.
Aínda que non está indicado coma miradoiro, o entorno do Faro de Ons presenta unhas vistas espectaculares sobre a Rías de Pontevedra e Arousa (coa illa de Sálvora na súa entrada).
Paneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Ons un panel informativo de benvida ao final do peirao. Conteñen un mapa específico do arquipélago, cos servizos, puntos de interese e itinerarios, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.
Sinalización: O igual que en Cíes, en Ons cada ruta ou itinerairo esta sinalizado coa súa cor característica. Atoparemos tamén cartelería específica para indicación das zonas de reserva, restrinxidas ou pechadas por motivos de xestión, así coma algúns paneis interpretativos dos valores etnográficos e naturais.
Camping Isla de Ons: Está situado no lugar chamado "Chan dá Pólvora", a 1 km do peirao da illa de Ons subindo pola pista de cemento que chega ata o faro. Tratáse dun cámping de segunda categoría, con instalacións que dan cabida a un máximo de 276 visitantes. Conta cun espazo delimitado e acondicionado para a instalación de tendas de campaña, aseos e duchas de auga quente, servizo de lavado, cafetería e recepción, e un sistema de recollida de residuos. Información e reservas www.campingisladeons.com
Restaurantes: En Ons hai varios establecementos de hostalaría, que varían a súa época de apertura en función do transporte público regular e da afluencia de mariñeiros no arquipélago. Na illa podemos atopar tres restaurantes na zona de O Curro; “Casa Checho”, “Casa Acuña” e “O Pirata de Ons” ademais dun chiringuito o carón da praia de Area dos Cans.
O equipo de Uso Público do Parque Nacional, entre outras actividades, deseñou distintos itinerarios guiados que son ofertados ao público xeral durante todo o período no que operan as navieiras, normalmente Semana Santa, Xullo, Agosto e Setembro. O obxectivo principal é mostrar o visitante, dunha forma amena e significativa, os trazos máis sobresaíntes do percorrido, en función da temática elixida. Na actualidade véñense desenvolvendo rutas interpretativas con contidos xerais, cuxo obxectivo é o recoñecemento dos principais valores do Parque así como outras no que se mostran aspectos máis concretos do patrimonio natural e cultural. Son de carácter gratuíto, e para poder participar nelas é necesario anotarse con antelación nas casetas de información das illas, onde estarán expostas as diferentes rutas, os horarios e o número de participantes máximo para cada unha, requisitos necesarios para poder ofrecer unha actividade de calidade.
Tamén existe a posibilidade de poder anotarse previamente a algunha destas rutas a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando este aberta algunha das convocatoiras.
Na actualidade existen 4 sendeiros sinalizados, todos eles na illa de Ons xa que Onza é zona de reserva e non se pode acceder. Comezan na caseta de información da illa e son de percorrido circular e poden seguirse co seguinte mapa:
Descargar descrición itinerarios Ons
Tamén se pode realizar a ruta sur de xeito autoguiado co seguinte folleto.
Pódese realizar mergullo ou "snorkel" en calquera das zonas de baño. É moi recomendable preguntar na caseta de información con antelación. Aconséllase levar un neopreno* sinxelo xa que as augas soen rondar os 15-18 graos no verán.
(*) En caso de empregar chumbos é necesario solicitar o permiso de buceo con antelación.
Normalmente tamén existe a posibilidade de realizar actividades subacuáticas e saídas en piragua na illa coas empresas autorizadas polo Parque Nacional. Consultar previamente.
( Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 274/99 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 88/2002 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e a súa contorna; Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad,; Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia e a Ley 30/2014 de Parques Nacionales).
Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí
1.- Oficina do parque
2.- Casa forestal de Ons
3.- Centro de Visitantes de Ons
CHARTER TERRA NOVA
Tlf: 661 056 494
Web: www.charterterra-nova.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
CRUCEROS PELEGRIN (Monroa S.L.) Tlf: 608 182 274
Web: www.crucerospelegrin.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
INTRAMAR INICIATIVAS
TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 /¡986 742 072
Web: www.intramar.org
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
AMARE TURISMO NAUTICO
Tlf: 650 410 323 - 322
Web: www.amareturismonautico.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
OCEAN SECRETS
600 854260 // 649 493797
Web:www.oceansecrets.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
5. Hosteleria