Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Artigos

O Parque Nacional

Coñeza un pouco máis o Parque a través de esta sección, poderá atopar o mapa de situación, ficha técnica, valores representados, recomendaciones, lexilslación e moita máis información...

Mapa de situación das illas e do centro de visitantes

Arquipélagos   Centro de visitantes

Ficha Técnica

Os arquipélagos das Cíes, Ons, Sálvora, Cortegada e o ámbito mariño que os rodean forman a contrastada paisaxe granítica que caracteriza o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Baixo as súas augas consérvanse algúns dos exemplos máis representativos de ecosistemas mariños atlánticos, que atesouran unha gran riqueza biolóxica.
A súa localización, fronte ás Rías Baixas, crea unha barreira natural ante o océano que acentúa o ambiente estuárico das rías baixas. No medio terrestre destacan os sistemas dunares, os cantís e os matos de toxo e breixo. No medio mariño, con fondos rochosos, son importantes as comunidades de bosques de algas pardas (Sacorhiza polyschides e Laminaria spp.) que acollen unha gran variedade de seres vivos. As correntes mariñas depositan as areas nas zonas máis protexidas que, xunto cos importantes fondos de maërl (conformados por restos de algas calcarias), crean uns medios de substrato móbil ao cal se deben adaptar os seres vivos, como os bivalvos que se enterran para que as correntes non os leven.A gaivota patiamarela e o corvo mariño cristado crían no Parque, onde forman as maiores colonias de cría que hai en Europa. Outros animais terrestres das illas están distanciados dos conxéneres costeiros, de xeito que se van diferenciando. Son bos exemplos disto a existencia da subespecie de lagarto ocelado de Sálvora ou o viviparísmo das píntegas das illas.O Parque foi habitado desde moi antigo. As illas pasaron por diferentes mans: a igrexa, a nobreza, o exército e distintos entes administrativos que, xunto cos poboadores, deixaron a súa pegada: castros, mosteiros, muíños, hórreos, pazos, dornas, costumes e lendas que enriquecen as illas.
A actividade pesqueira foi o principal sustento dos poboadores, e as sucesivas crises foron a causa principal do abandono. Soamente en Ons se mantén unha poboación reducida.

Valores representados

Sistemas naturais ligados a zonas costeiras e plataforma continental da Rexión eurosiberiana.

Cantís, matogueiras costeiras, dunas e areais, fondos mariños (rocha, area, cascallo, bosques mariños...); valores culturais: ermidas, castros, cruceiros, pecios,... e pesca artesanal, medicina popular, cancioneiro, supersticións e lendas, patrimonio inmaterial...

Recomendacións para a visita

  • Lembre que nas illas non hai colectores de lixo. Debe retornar os seus residuos ao porto de orixe, senón dispon de bolsa pode solicitala na caseta de información.
  • Teña en conta tamén que existe un límite de visitantes diarios, o que pode condicionar a visita se a realiza nos meses de verán.
  • É moi recomendable achegarse os puntos de información das illas do Parque para informarse sobre as posibles actividades que se poden realizar  e calquera outro aspecto relacionado coa visita.
  • Leve calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esqueza o impermeable ou algo de abrigo. Lembre que terá que viaxar en barco.
  • Leve auga e procure beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e o vento poden producir problemas de deshidratación.
  • Non esqueza elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  • Circule só polos camiños autorizados, tendo en conta a cartelería e a sinalización.
  • É recomendable levar prismáticos, gafas de mergullo e un neopreno sinxelo se se vai a practicar "snorkel".
  • A fauna da costa está protexida. Non a colla nin a moleste.
  • Gaviotas e peixes non precisan comida, non os alimente.
  • Lévese só fotos ou vivencias. Deixe as cunchas, flores, area, etc, no seu lugar.
  • Atenda e siga en todo momento as indicacións do persoal do Parque Nacional.
  • Lembre que non sempre hai servizo sanitario nas illas e que o tempo de desplazamento a un centro sanitario pode ser importante.
  • Para facer "snorkel" sen chumbos non é necesaria autorización pero é moi recomendable informarse previamente na caseta de información; tanto sobre as mellores zonas para o mergulllo coma da zonas perigosas ou non permitidas.
  • Infórmese da normativa do Parque Nacional xa que vostede atópase nun espazo natural protexido.

Normativa do Parque Nacional. Lembre que non está permitido:

  •   Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  •   Acampar fóra dos lugares destinados a ese fin.
  •   Botar ou depositar calquera tipo de lixo ou residuos sólidos ou líquidos.
  •   Acceder ás zonas sinalizadas como non accesibles ao público.
  •   Molestar, ferir, capturar ou matar animais silvestres.
  •   Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou trastorne os elementos naturais singulares da zona.
  •   Arrincar, cortar ou danar a vexetación.
  •   Recoller, destruír ou alterar elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños (cómpre salientar que non está  permitido recoller cunchas das praias nin dos fondos mariños).
  •   Practicar o submarinismo (con chumbos) sen autorización previa.
  •   Practicar a pesca submarina e a pesca deportiva.
  •   Permanecer ou transitar con ganapáns, armas, arpóns, fusís submarinos e outros utensilios similares.
  •   A navegación e fondeo nas augas do Parque sen o permiso correspondente
  •   Instalar pancartas ou anuncios publicitarios sen autorización.
  •   Utilizar megafonía nin altofalantes nin emitir ruídos que poidan alterar a tranquilidade natural do lugar.
  •   Desembarcar animais domésticos (agás cans de guía).
  •   Filmar ou fotografar con fins comerciais sen autorización previa.
  •   Desembarcar vehículos de motor (agás cadeiras de rodas).
  •   Introducir especies animais ou vexetais alóctonas.

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente prema aquí

Vostede está aquí: Home