Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Artigos

Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia - Edificio Cambón

  

 

 

 

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia inaugurou no nadal de 2012 o seu primeiro Centro de Visitantes nun histórico edifício sito no casco vello da cidade: o edifício Cambón.

O Centro, tenta amosar os valores naturais e culturais das illas atlánticas dun xeito moi artístico coa intención de trasladarnos a este singular espazo protexido.

O Centro trata de ser un referente para a visita ás illas, de xeito que os visitantes poidan disfrutar insitu da riqueza natural e cultural das illas tendo unha mostra previa da súa valía. O fin último será posibilitar a conservación deste emblemático lugar co uso e disfrute por parte de todos.

 

 

Foto Edificio Cambon  

Centro de Visitantes

Centro de Visitantes

l
 
Situación: Rúa Palma 4. Casco Vello - Vigo (detrás da Colexiata de Vigo)
 
   Horario visitas inverno (Do 15 de setembro - 15 xuño aproximadamente)
  • Luns: pechado
  • Martes a Sábados:
                       Mañás de 10:00h a 14:00h (de 10-12h atención preferente a grupos concertados)
                       Tardes de 16:30h a 19:30h
  • Domingos e festivos: pechado, agás Semana Santa 
   
  Horario visitas verán  (Do 15 xuño - 15 setembro aproximadamente)
 
 
Martes a Sábados:
                 Mañás de 10:00h a 14:00h 
                 Tardes de 17:00h a 20:30h
 
Domingo, Luns e Festivos pechado
 
 
Mais información
 
               
 
   

 

Vostede está aquí: Home