Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Programa Preamar

REDE PARA A RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS

NO PNMT ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

A conservación da biodiversidade é un aspecto fundamental para a supervivencia e o equilibrio de todos os ecosistemas, tanto dende o punto de vista económico, como desde o social ou do medioambiental. Neste sentido, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia presenta unha gran riqueza de hábitats e especies, tanto terrestres como mariñas, que fortalece o propio ecosistema e da que se benefician os sectores socioeconómicos circundantes. Porén, este aproveitamento de recursos e a convivencia de especies leva aparellada unha serie de ameazas sobre o medio que pode transformarse nun desequilibrio ecosistémico e socioeconómico de non intervir a tempo. Neste sentido, detectáronse actualmente unha serie de alteracións dentro do ecosistema debido aos residuos presentes tanto nos fondos mariños como nas praias, e é por isto, e para minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que se decidiu actuar nun dos enclaves do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Sálvora. 

O PROXECTO

O proxecto titulado Red para la recuperación de los ecosistemas marinos en el PNMT Illas Atlánticas de Galicia que van desenvolver ao longo deste ano 2018 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente a través do Programa pleamar, cofinanciado polo FEMP.    

COLABORADORES

Os colaboradores do proxecto son:

o   Instituto Español de Oceanografía

o   Intecmar

o   Universidade de Vigo

o   Universidade de Santiago de Compostela

o   Universidade da Coruña

o   Cofradía de Pescadores de Carreira y Aguiño

o   Concello de Ribeira

o   CIFP A Granxa e CIFP Lourizán

o   Asociación Amicos

o   Voluntariado do PNMTIAG

o   Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)  e as confrarías de pescadores integradas nos mesmos.

o   Asociación Española de Basuras Marinas.

o   Federación Galega de Actividades Subacuáticas

OBXECTIVOS

O obxectivo principal é recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do parque desde a sustentabilidade.

A sustentabilidade do proxecto pasa por integrar a conservación da biodiversidade e dos recursos naturais na poboación local, coa maior participación posible, sobre todo, do sector pesqueiro de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores do IEO, do Intecmar e das universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de formación profesional, voluntarios, concellos etc.

Estes destinatarios, colaboradores e beneficiarios integraranse na consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1.    Fomentar o coñecemento, a xestión e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, especialmente na Red Natura 2000, das zonas mariñas protexidas conforme á Directiva Marco de la Estrategia Marina e doutros espazos e hábitats protexidos.

2.    Recoller as artes de pesca perdidas e outros refugallos mariños.

3.    Fomentar a participación dos pescadores na protección e recuperación da biodiversidade.

4.    Mellorar o estado de conservación, e a capacidade de renovación dos recursos naturais e a biodiversidade, facilitando o cumprimento de obxectivos ambientais establecidos a nivel internacional, nacional e autonómico.

5.    Integrar a igualdade e a sustentabilidade na conservación da biodiversidade.

ACCIÓNS

As accións a realizar teñen como obxectivo avanzar no cumprimento dosobxectivos específicos do proxecto mediante un proceso de participación do sector socio-económico, polo que coa súa execución:

- Foméntase o coñecemento e o estado da arte respecto aos refugallos mariños no territorio.

- Defínese unha dirección de traballo común que facilita unha cohesión territorial en pro dun beneficio global.

-Actúase, eliminando os refugallos do territorio grazas á participación do sector socio-económico e o voluntariado.

-Infórmase ao público e implícaselle na solución do problema, todo baixo principios horizontais de igualdade e sustentabilidade.

 

Descarga a Guía das Boas Prácticas facendo click aquí

Descarga unha descripción dos Tipos de Basuras Mariñas facendo click aquí

 

 
 
Vostede está aquí: Home Conservación-Investigación Programa Preamar