Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Actividades para centros educativos e grupos organizados

 

O equipo de uso público do parque nacional, formado por 6 guías intérpretes, ofrece a posibilidade de concertar o servizo de guías para actividades relacionadas co parque, ben sexa a realización dunha visita guiada, a realización de charlas divulgativas, participación en eventos divulgativos, etc e que sexan solicitadas por entidades sen ánimo de lucro. A solicitude deste servizo realízase mediante formulario e fóra da tempada de asistencia en illas (tempada de transporte regular).

Doutra banda, o Parque Nacional conta, desde finais de 2012, cun novo Centro de Visitantes no edificio Cambón (Rúa Palma 4 - casco antigo de Vigo) onde se desenvolven actividades enmarcadas nas seguintes categorías:

  • Programas didácticos para centros educativos: Ofrecemos a posibilidade de realizar actividades didácticas no Centro de Visitantes dirixidas a grupos de escolares de todas as idades, desde infantil a bacherelato, en grupos dun máximo de 50 escolares. As actividades variarán en función das idades. O horario preferente para a atención destes grupos, previa cita, é de 10:00 a 12:00 h. A solicitude realízase mediante formulario achego nesta sección.

 

  • Actividades para grupos organizados: Igualmente, e para aqueles grupos sen ánimo de lucro que queiran realizar unha visita guiada neste centro de visitantes, pódese concertar dita visita co persoal de uso público a través do mesmo formulario, contando co mesmo aforo de 50 participantes e no horario de apertura do centro e preferentemente fora do horario de atención a centros educativos.

 

 

 
 

 

Presentacion Centro de Visitantes

Solicitude de actividades no Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas

 
 

 

Vostede está aquí: Home Actividades Actividades para centros educativos e grupos organizados