Servizo de guías

O Parque Nacional conta cun equipo de uso público formado por 6 guías-intérpretes que levan a cabo un extenso programa de uso público no Parque Nacional:  servizo de roteiros guiados, programas educativos, formación de colectivos con influencia no parque nacional, exposicións e concursos, ..., e ofrece a oportunidade de solicitar os seus servicios para actividades que o público (centros educativos, agrupacións, entidades deportivas, colectivos sectoriais, .... e particulares tamén) desexe realizar en relación co Parque Nacional.

Para solicitar o servicio de guías para grupos organizados deberáse cumplimentar o formulario de solicitude en función do lugar e tipo de actividade que se precise e enviarllo por correo electrónico a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou por fax: 886 218 094. Tamén pódese entregar directamente nas oficinas ou no Centro de Visitantes do Parque Nacional. As solicitudes atenderanse en función da dispoñibilidade de datas e persoal.

 

 

 

   
   Solicitude de actividades externas ao Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas

                         

Se vostede quere participar nalgunha das rutas guiadas que ofrece o Parque Nacional, pode consultar a oferta e a dispoñibilidade de plazas no seguinte link:

https://www.reservasparquesnacionales.es/real/ParquesNac/usu/html/listado-actividades-oapn.aspx?cen=20