Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Lexislación

Declaración do Parque Nacional Marítimoterrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Foto Cies* Lei 15/2002, de 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional marítimoterrestre das Illas Atlánticas de Galicia (BOE, nº 157, de 2 de xullo de 2002) modificada polo artígo 121 da Lei 53/2002 de 30 de decembro de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orden Social (BOE, nº 133, de 31 de decembro de 2002)..

Obxecto:

a) Protexer a integridade de ecosistemas ligados a zonas costeiras e á plataforma continental da rexión eurosiberiana.

b) Asegurar a conservación e recuperación, no seu caso, dos hábitats e as especies, así como a preservación da diversidade xenética.

c) Asegurar a protección, recuperación, fomento e difusión dos seus valores ambientais e do seu patrimonio natural, regulando de forma compatible coa súa conservación tanto a actividade investigadora e educativa coma o acceso dos visitantes.

d) Promover e apoiar no interior do parque as actividades tradicionais compatibles coa protección do medio natural.

e) Achegar ao patrimonio común unha mostra representativa do ecosistema litoral da rexión eurosiberiana, incorporando o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia aos programas nacionais e internacionais de conservación da biodiversidade.

Zona de especial protección para as aves (ZEPA)

Directiva 79/409/CEE do Consello, do 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres.

  • Illas Cíes (1988)
  • Illa de Ons (2001)

Lugar de importancia comunitaria (LIC)

Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación de hábitats naturais e da fauna e a flora silvestres

  • Illas Cíes (2004)
  • Illa de Ons (dentro do Complexo Ons - O Grove 2004)
  • Illa de Sálvora (dentro do Complexo Húmido de Corrubedo 2004)

Zonas de especial protección dos valores naturais (Decreto 72/2004, do 2 de abril)

  • Illas Cíes
  • Illa de Ons (dentro do Complexo Ons - O Grove)
  • Illa de Sálvora (dentro do Complexo Húmido de Corrubedo)

Zona OSPAR: Convenio sobre a protección do medio mariño do Atlantico nordeste.

Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia (2008).

 

Vostede está aquí: Home Recursos Lexislación