Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Arquipélago de Cortegada

 

Identificación:
Composto pola Illa de Cortegada, Malveira Grande e Chica, Briñas e illote do Cón.

Pertence ao concello de VILAGARCÍA DE AROUSA

Superficie: 191 Hectáreas: 43,8 ha terrestres y 147,2 ha mariñas.

Mapa Geográfico Cortegada

Foto CortegadaEste conxunto de illas e illotes, de relevo moi chan, sitúase no interior da ría de Arousa, na desembocadura do río Ulla, de maneira que o seu carácter estuarino o mantén totalmente diferenciado das illas oceánicas do Parque. Esta situación, máis protexida da erosión mariña, fai que os seus fondos se recubran en maior medida de areas, moi aproveitadas polos habitantes da zona para  o cultivo de ameixa. No interior da illa de Cortegada mantense unha húmida formación boscosa de loureiros e outras árbores autóctonas que circundan a aldea abandoada e a súa ermida. Na illa Malveira Grande, que é zona de reserva, localízase un dos escasos bosques de cerquiños da costa atlántica en óptimas condicións.

Accesos

En barco privado: Pódese facer a visita calquera día do ano. Para facelo é preciso obter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedidos polo Parque. Unha vez formalizado o permiso de navegación, poderá solicitar os días de fondeo na propia web do Parque. Estes formularios pódense descargar nesta páxina web no apartado de permisos e neles aparece indicada tamén a documentacion que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumplimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax.

En transporte público: Non existe un transporte regular diario polo que os visitantes deben contactar coas navieiras que organizan as visitas a esta illa. Pode consultar as navieras que realizan viaxes a Cortegada no apartado de contactos.

.

Servizos básicos e de atención ao visitante na illa de Cortegada

Isla de CortegadaA illa carece de servizos hostaleiros, atención sanitaria e auga potable. Só hai uns pequenos baños públicos, por estes motivos compre organizar moi ben a visita antes da saída do porto de orixe.

Caseta de información: En Cortegada hai un punto de información nas inmediacións do porto, onde atoparemos información sobre os valores da illa e itinerarios que se poden realizar. É Cortegada un paseo suave e fermoso, case plano, dunhas 2-3 horas nas que se recorre unha variedade importante de bosques autóctonos.

Isla de CortegadaPaneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Sálvora un panel informativo de benvida cerca da caseta de información. Conten un mapa específico do arquipélago, cos puntos de interese e itinerarios autorizados, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.

Servizos hostaleiros na illa de Cortegada

Na illa de Cortegada non hai servizos hostaleiros.

Actividades na Illa de Cortegada

Itinerarios guiados

Existe a posibilidade de anotarse previamente a algunha das rutas guiadas que  o parque realiza na illa de Cortegada a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando este aberta algunha das convocatoiras.

Isla de Cortegada

 

Itinerarios sinalizados

Na illa de Corteada poderemos atopar un itinerario autoguiado mediante folleto interpretativo (pódese pedir na caseta de información) que nos levará polo percorrido circular da illa. Este itinerario leva por titulo: “Un paseo por Cortegada: a mediciña do mar” e recorre o camiño que rodea á illa mostrando a riqueza natural e cultural desta fermosa illa.

Descargar folleto itinerarios

Descargar descrición de itinerarios Cortegada

 

Recomendaciones para a visita e normativa do parque nacional

  •     Lembre que nas illas non hai colectores de lixo. Debe retornar os seus residuos ao porto de orixe, senón dispon de bolsa pode solicitala na caseta de información.
  •     Teña en conta tamén que existen cotas de visitantes diarios, o que pode condicionar a visita se a realiza nos meses de verán.
  •     É moi recomendable achegarse aos puntos de información das illas para informarse sobre as posibles actividades que se poden realizar  e calquera outro aspecto relacionado coa visita.
  •     Leve calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esqueza o impermeable ou algo de abrigo. Lembre que terá que viaxar en barco.
  •     Leve auga e procure beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e ao vento poden producir deshidratación.
  •     Non esqueza elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  •     Circule só polos camiños autorizados, tendo en conta a cartelería da sinalización.
  •     É recomendable levar prismáticos, gafas de mergullo e un neopreno sinxelo se se vai a practicar "snorkel".
  •     A fauna da costa está protexida. Non a colla nin a moleste.
  •     Gaviotas e peixes non precisan comida, non os alimente.
  •     Lévese só fotos e vivencias. Deixe as cunchas, flores, area, etc, no seu lugar.
  •     Atenda e siga en todo momento as indicacións do persoal do Parque Nacional.
  •     Lembre que non sempre hai servizo médico nas illas e que o tempo de desplazamento a un centro sanitario pode ser importante.
  •     Para facer "snorkel" sen chumbos non é necesaria autorización pero é moi recomendable informarse previamente na caseta de información; tanto sobre as mellores zonas para o mergulllo  coma das zonas perigosas ou non permitidas.
  •     Únicamente estan permitidas as bicicletas no arquipelago de Ons.
  •     Infórmese da normativa do Parque Nacional xa que é un espazo natural protexido..

Recorde que non está permitido

  •     Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  •     Acampar fóra dos lugares destinados a ese fin.
  •     Botar ou depositar calquera tipo de lixo ou residuos sólidos ou líquidos.
  •     Acceder ás zonas sinalizadas como non accesibles ao público.
  •     Molestar, ferir, capturar ou matar animais silvestres.
  •     Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou trastorne os elementos naturais singulares da zona.
  •     Arrincar, cortar ou danar a vexetación.
  •     Recoller, destruír ou alterar elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños (cómpre salientar que non está permitido recoller cunchas das praias nin dos fondos mariños).
  •     Practicar o submarinismo (con chumbos) sen autorización previa.
  •     Practicar a pesca submarina e a pesca deportiva.
  •     Permanecer ou transitar con ganapáns, armas, arpóns, fusís submarinos e outros utensilios similares.
  •     A navegación e fondeo nas augas do Parque sen o permiso correspondente
  •     Instalar pancartas ou anuncios publicitarios sen autorización.
  •     Utilizar megafonía nin altofalantes nin emitir ruídos que poidan alterar a tranquilidade natural do lugar.
  •     Desembarcar animais domésticos (agás cans de guía).
  •     Filmar ou fotografar con fins comerciais sen autorización previa.
  •     Desembarcar vehículos de motor (agás cadeiras de rodas).
  •     Introducir especies animais ou vexetais alóctonas.
  •     O voo de "drons", papaventos ou calquera outro tipo de artefacto voador sen autorización expresa do Parque Nacional.
  •     O desembarco nin o uso de bicicletas nas illas.
  •     A música nas embarcacións dentro dos límites do parque.

(Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 274/99 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 88/2002 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e a súa contorna; Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad,; Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia e a Ley 30/2014 de Parques Nacionales).

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí

Contactos de interese

1.- Oficina do parque

  • Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
  • Teléfono: 886 218 090 - Fax: 886 218 094
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

2.- Gardería de Cortegada

  • Teléfono: 660 494 454

3.- Navieras / Empresas con servizo a illa de Cortegada (Grupos Organizados /Visitas Educativas)
 

ALVAMAR
Tlf: 653 516 969
Web: www.alvamarnautica.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
AMARE TURISMO NAUTICO
Tlf: 650 410 323 - 322
Web: www.amareturismonautico.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CAMINANDO POR EL MAR
Tlf: 626425554
Web: www.caminandoporelmar.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CHARTER TERRA NOVA
Tlf: 661 056 494
Web: www.charterterra-nova.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CORTICATA
Tlf/fax: 986 565604
Web: www.corticata.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

INTRAMAR INICIATIVAS TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 / 690 843 487 / 986 742 072
Web: www.intramar.org
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MAR DE AGUIÑO
Tlf: 981 841 454
web: www.mardeaguiño.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

MARES DO GROVE
Tlf: 986 732 205/ 607 645 687 - Fax: 986 733 752
Web: www.crucerosmaresdogrove.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PIRAGUILLA (Kayak)
Teléfono: 625 336 324
Web: www.piraguilla.com
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
SAILWAY, S.L.
Tlf: 986 442 351 - Fax: 986 442 353
Web: www.sailway.es
e-mai: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
OCEANIC AROUSA TOURS
Tlf: 648 458 116
Web: www.oceanicarousa.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

RUTAS RIAS BAIXAS
Tlf: 609 359 141
Web: www.rutasriasbaixas.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.



 
 
Vostede está aquí: Home Arquipélago de Cortegada

What is JoomShopping ?

Nulla dapibus neque sit amet libero ser suscipit hendrerit. Mauris posuere turpis eu dui lobortis non tincidunt.

Cum sociis natoque penatibus et magnis dis parturient montes.

More info ...

Up Coming Events