Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Search form

Arquipélago de Sálvora

 

Identificación:
Composto pola Illa de Sálvora e un gran número de illotes como Vionta,  Noro, Herbosa, Sagres, etc. Atópase situado na boca da Ría de Arousa.

Pertence ao concello de RIBEIRA

Superficie: 2.557 Hectáreas: 248 ha terrestres y 2.309 ha mariñas.

Outras figuras de protección: Incluído no ZEC “Complexo Humido de Corrubedo”. As súas augas incluidas na ZEPA Entorno mariño das Rías Baixas. Ben de Interese Cultural na categoria paisaxe protexida Decreto 48/2018.

Mapa Geográfico Sálvora

 

Foto SalvoraA illa de Sálvora xunto cos illotes que a rodean conforman labirinto rochoso que protexe a entrada norte da Ría de Arousa. Entre eles destaca a gran mole granítica de Noro e as abruptas Sagres.  Por contra, a propia illa, presenta unha paisaxe relativamente chá onde dominan as praias  e dunas e os pequenos bloques graníticos arredondados chamados bolos. Cara ao norte da illa atópase a aldea de Sálvora, testemuña muda doutro tempo no cal a illa estivo habitada. O faro, ata hai pouco gardado por fareiros, sinaliza esta perigosa zona onde aconteceron numerosos naufráxios como o do vapor Santa Isabel en 1921.

Accesos

En barco privado: Pódese facer a visita* calquera día do ano. Para facelo é preciso obter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedidos polo Parque. Unha vez formalizado o permiso de navegación, poderá solicitar os días de fondeo na propia web do Parque. Estes formularios pódense descargar nesta páxina web no apartado de permisos e neles aparece indicada tamén a documentacion que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumplimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax.

Isla de SalvoraEn transporte público: Non existe un transporte regular diario polo que os visitantes deben contactar coas navieiras que organizan as visitas a esta illa. Tanto en pequenas lanchas coma en barcos ou catamaráns mais grandes. Pode consultar as navieras que realizan viaxes a Sálvora no apartado de contactos.

(*)Lembre que por motivos de seguridade e conservación a visita a aldea de Sálvora so pode realizarse en compañia de guías autorizados polo Parque Nacional. Na tempada estival é habitual a presencia dun guía do Parque que realiza saídas a aldea.

 

Servizos básicos e de atención ao visitante na illa de Sálvora

A illa carece de servizos básicos de asistencia sanitaria e auga potable, tampouco hai servicios hostaleiros. Por estes motivos compre organizar moi ben a visita antes da saída do porto de orixe.

Ainda que non existe caseta de información, no pazo de Sálvora atopará persoal do parque que o atenderá. Na tempada estival é habitual a presencia dun guía do Parque que realiza saídas a aldea. 

Isla de SalvoraPaneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Sálvora un panel informativo de benvida ao final do peirao. Conten un mapa específico do arquipélago, cos puntos de interese e itinerarios autorizados, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.

En canto á sinalización están distribuidas de xeito indicativo os sinais de dirección dos principais itinerarios e puntos de interese. 

Servizos hostaleiros na illa de Sálvora

Na illa de Sálvora non hai servizos hostaleiros.

Actividades na Illa de Sálvora

Isla de Salvora

Itinerarios guiados

Na tempada estival é habitual a presencia dun guía do Parque que realiza saídas a aldea.Tamén existe a posibilidade de poder anotarse previamente a algunha das rutas guiadas que  o parque realiza na illa de Sálvora a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando este aberta algunha das convocatoiras.

Itinerarios sinalizados

Na illa de Sálvora poderemos atopar un itinerario autoguiado mediante paneis interpretativos no camiño que nos achegará ata o faro da illa. Este itinerario leva por tilutlo: “Un paseo de lenda por Sálvora” e recorre o camiño ata o faro mostrando a riqueza natural e cultural desta fermosa illa.

Foto Salvora


Descargar mapa

 

 

 

 

 

2.- Ruta da Aldea: Só con guía acreditado. Ben do parque nacional ou das navieras e empresas autorizadas.

Descargar descrición itinerarios Sálvora

Recomendaciones para a visita e normativa do parque nacional

  •     Lembre que nas illas non hai colectores de lixo. Debe retornar os seus residuos ao porto de orixe, senón dispon de bolsa pode solicitala na caseta de información.
  •     Teña en conta tamén que existe un límite de visitantes diarios, o que pode condicionar a visita se a realiza nos meses de verán.
  •     É moi recomendable achegarse os puntos de información das illas do Parque para informarse sobre as posibles actividades que se poden realizar  e calquera outro aspecto relacionado coa visita.
  •     Leve calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esqueza o impermeable ou algo de abrigo. Lembre que terá que viaxar en barco.
  •     Leve auga e procure beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e o vento poden producir problemas de deshidratación.
  •     Debido a existencia de gando a Salvora pode haber presencia puntual de carrachos e/ou tabáns polo que non esta de máis levar un repelente de insectos.
  •     Non esqueza elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  •     Circule só polos camiños autorizados, tendo en conta a cartelería e a sinalización.
  •     É recomendable levar prismáticos, gafas de mergullo e un neopreno sinxelo se se vai a practicar "snorkel".
  •     A fauna da costa está protexida. Non a colla nin a moleste.
  •     Gaviotas e peixes non precisan comida, non os alimente.
  •     Lévese só fotos ou vivencias. Deixe as cunchas, flores, area, etc, no seu lugar.
  •     Atenda e siga en todo momento as indicacións do persoal do Parque Nacional.
  •     Non hai servizo sanitario en Sálvora polo que o tempo de desplazamento a un centro sanitario pode ser importante.
  •     Para facer "snorkel" sen chumbos non é necesaria autorización pero é moi recomendable informarse previamente na caseta de información; tanto sobre as mellores zonas para o mergulllo coma da zonas perigosas ou non permitidas.
  •     Infórmese da normativa do Parque Nacional xa que vostede atópase nun espazo natural protexido.

 

Normativa do Parque Nacional. Lembre que non está permitido:

  •     Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  •     Acampar fóra dos lugares destinados a ese fin.
  •     Botar ou depositar calquera tipo de lixo ou residuos sólidos ou líquidos.
  •     Acceder ás zonas sinalizadas como non accesibles ao público.
  •     Molestar, ferir, capturar ou matar animais silvestres.
  •     Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou trastorne os elementos naturais singulares da zona.
  •     Arrincar, cortar ou danar a vexetación.
  •     Recoller, destruír ou alterar elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños (cómpre salientar que non está permitido recoller cunchas das praias nin dos fondos mariños).
  •     Practicar o submarinismo (con chumbos) sen autorización previa.
  •     Practicar a pesca submarina e a pesca deportiva.
  •     Permanecer ou transitar con ganapáns, armas, arpóns, fusís submarinos e outros utensilios similares.
  •     A navegación e fondeo nas augas do Parque sen o permiso correspondente
  •     Instalar pancartas ou anuncios publicitarios sen autorización.
  •     Utilizar megafonía nin altofalantes nin emitir ruídos que poidan alterar a tranquilidade natural do lugar.
  •     Desembarcar animais domésticos (agás cans de guía).
  •     Filmar ou fotografar con fins comerciais sen autorización previa.
  •     Desembarcar vehículos de motor (agás cadeiras de rodas).
  •     Introducir especies animais ou vexetais alóctonas.
  •     O voo de "drons", papaventos ou calquera outro tipo de artefacto voador sen autorización expresa do Parque Nacional.
  •     O desembarco nin o uso de bicicletas nas illas.
  •     A música nas embarcacións dentro dos límites do parque.

 (Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 274/99 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 88/2002 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e a súa contorna; Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad,; Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia e a Ley 30/2014 de Parques Nacionales).

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí

Contactos de interese

1.- Oficina do parque

  • Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
  • Teléfono: 886 218 090 - Fax: 886 218 094
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

2.- Gardería de Sálvora

  • Teléfono: 680 483 453

3.- Outros

  • Para visitar a illa de Sálvora durante a época estival e recomendable consultar na oficina de turismo de O Grove, teléfono 986 731 415.

4.- Navieras que operan na illa de Sálvora (Grupos Organizados/ Visitas educativas)
 
 
 

ALVAMAR
Tlf: 653 516 969
Web: www.alvamarnautica.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
AMARE TURISMO NAUTICO
Tlf: 650 410 323 - 322
Web: www.amareturismonautico.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CAMINANDO POR EL MAR
Tlf: 626425554
Web: www.caminandoporelmar.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CHARTER TERRA NOVA
Tlf: 661 056 494
Web: www.charterterra-nova.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CRUCEROS ANGEL
Tlf: 986732539 //607473228 - Fax: 986732539
Web: www.crucerosangel.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS DE AROSA
Tlf: 609562913//616830236 - Fax: 986731817
Web: www.crucerosdearosa.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CRUCEROS PELEGRIN (MONROA S.L.)
Tlf: 608 182 274
Web: www.crucerospelegrin.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
INTRAMAR INICIATIVAS TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 / 690 843 487 / 986 742 072
Web: www.intramar.org
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MAR DE AGUIÑO
Tlf: 981 841 454
web: www.mardeaguiño.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MARES DO GROVE
Tlf: 986 732 205/ 607 645 687 - Fax: 986 733 752
Web: www.crucerosmaresdogrove.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
OCEANIC AROUSA TOURS
Tlf: 648 458 116
Web: www.oceanicarousa.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RUTAS RIAS BAIXAS
Tlf: 609 359 141
Web: www.rutasriasbaixas.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

SAILWAY, S.L.
Tlf: 986 442 351 - Fax: 986 442 353
Web: www.sailway.es
e-mail:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
 
 
Vostede está aquí: Home Arquipélago de Sálvora