Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Arquipélago de Sálvora

Identificación:
Composto pola Illa de Sálvora e illotes como Vionta, Con de Noro, Herbosa, Rúa, Insuabela, Gaboteira, las Sagres y las Forcadiñas. Sito na bocana da ría de Arousa.

Pertence ao concello de RIBEIRA

Superficie: 2.557 Hectáreas: 248 ha terrestres y 2.309 ha mariñas.

Outras figuras de protección: Incluído no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Complexo Humido de Corrubedo”.

Mapa Geográfico Sálvora

Foto SalvoraOs innumerables illotes do arquipélago de Sálvora conforman o irregular relevo dos seus fondos, que contrastan coa paisaxe relativamente chá da illa de Sálvora. Esta barreira de illas e illotes cerra a entrada da ría de Arousa. Dominan o litoral as praias de area e de pequenos bloques graníticos arredondados polo ir e vir das ondas, separados por zonas rochosas de suave relevo. Cara ao norte da illa hai unha aldea abandoada, mais coas casas e cortes aínda en pé, e onde se atopan ferramentas e obxectos da vida cotía dos antigos habitantes. O faro, noutro dos vértices da illa, mantén a súa importante actividade de guía grazas ao labor que fan tres dos derradeiros fareiros que aíndan persisten. Flanqueando a illa hai pequenos illotes como o rochoso Con do Noro ou areosa Vionta. Xa no norte e máis preto da costa sobresaen as pequenas illas de Sagres.

Accesos

En barco privado: pódese facer a visita calquera día do ano. Para facelo é preciso ter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedido polo Parque. O permiso de navegación, requisito para obter o de fondeo, é anual e permite navegar nas augas do Parque Nacional durante o ano en curso. Os fondeos solicítanse por día, puidendo solicitar varios días á vez. Estes formularios e os requisitos para obtelos pódense localizar nesta páxina web e tramitalos a través desta web ou na propia oficina do Parque, e as solicitudes pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax.

Isla de SalvoraEn transporte público: Non existe, polo momento, servizo de transporte público regular.

Alugando un barco para un grupo organizado: A navieira alugada precisa dun permiso do PN para poder realizar a visita concertada coa fin de xestionar o cupo de 125 persoas diarias. Para a tramitación do permiso , a navieira ou responsable debe proporcionar un proxecto didáctico que argumente e dea valor á visita. Estes grupos deben ir acompañados sempre de guías autorizados ou que acrediten os seus coñecementos sobre os valores naturais e patrimoniais das illas. O ratio de asistencia non pode sobrepasar 1 guía por 25 participantes.

Concesión de viaxes de transporte non regular ou charters: por iniciativa da propia navieira, e co preceptivo permiso do PN, pode ofrecer billetes a turistas particulares para visitar Sálvora nun día determinado que a navieira solicitara ao PN. Debe cumprir o cupo de visitantes á illa. Son os coñecido como viaxes charters.

Servizos básicos e de atención ao visitante na illa de Sálvora

É importante para o visitante saber que as visitas a Sálvora comenzaron fai pouco tempo, pois a illa era privada. Esto condicionou os camiños e o uso público na illa, polo que está moito máis controlada.

A illa carece de servizos básicos de asistencia sanitaria, aseos públicos e auga potable. Por estes motivos compre organizar moi ben a visita antes da saída do porto no continente.

Respecto a servizos de atención ao visitante non hai, polo momento, infraestructuras para atención ao visitante en información pero existe na illa persoal de vixiancia que poderá informar ao visitante no que precise.

Isla de SalvoraPaneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Sálvora un panel informativo de benvida ao final do peirao. Conten un mapa específico do arquipélago, cos puntos de interese e itinerarios autorizados, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.

En canto á sinalización están distribuidas de xeito indicativo os sinais de dirección dos principais itinerarios e puntos de interese.

Servizos hostaleiros na illa de Sálvora

Na illa de Sálvora non hai servizos hostaleiros.

Actividades na Illa de Sálvora

Isla de SalvoraSen dúbida, a mellor forma de coñecer o Parque Nacional é camiñando por algún dos sendeiros habilitados para o Uso Público. Só a través do contacto directo co espazo é posible apreciar na súa xusta medida os valores polos que este recuncho do océano Atlántico foi declarado Parque Nacional, o que á súa vez dará as claves para comprender as medidas de protección que afectan a éste así como a posibilidade, á medida de cada un, de participar na súa conservación.

Itinerarios guiados

O equipo de Uso Público do Parque Nacional realiza itinerarios guiados na illa de Sálvora previa solicitude, e condicionado a dispoñibilidade do seu persoal para a data que se solicita. Link Solicitude

Itinerarios sinalizados

Na illa de Sálvora poderemos atopar un itinerario autoguiado mediante paneis interpretativos no camiño que nos achegará ata o faro da illa. Este itinerario leva por tilutlo: “Un paseo de lenda por Sálvora” e recorre o camiño ata o faro mostrando a riqueza natural e cultural desta fermosa illa.

O percorrido descríbese no seguinte parágrafo.

1.- Ruta do Faro

Foto SalvoraDistancia: 1,2 km.

Duración do percorrido: 30 minutos.

Desnivel máximo: 24m.

Principais puntos de interese: Praia e dunas do Almacén, Serea de Sálvora, Pazo de Sálvora, Faro.

Descrición do itinerario: Unha vez no peirao, un cartel do Parque Nacional móstranos, á parte dos aspectos máis importantes da normativa, un mapa do arquipélago, onde aparece reflectido a pista pola que discorre o itinerario. Esta pista, que dá servizo ao faro dende hai moitos anos, vai permitir ao visitante descubrir algúns dos valores máis prezados da illa. En primeiro lugar, a serea de Sálvora, escultura que un dos propietarios da illa mandou erixir para perpetuar na memoria o seu nobre pasado. Detrás dela, ao pé da "praia do Almacén", encóntrase o Pazo de Goyanes, construído sobre o antigo almacén da fábrica de salgadura e unha pequena capela, que antes foi a taberna que daba servizo aos mariñeiros.

Isla de SalvoraSe miramos cara ao noroeste, a vexetación desta zona, primeiro propia de dunas e praias, e despois a matogueira, nos permitirá divisar o lugar onde se encontra a aldea, abandonada a finais dos anos 70. Aos lados do camiño, as caprichosas formas dos enormes birlos de granito mostran a dureza da vida nas illas, marcada polo vento, a area e o sal. Camiñando ao pé do monte Gralleiros, coas vistas de Ons ao sur e mesmo de Cíes en días claros, chegaremos ata o Faro de Sálvora, no que aínda os fareiros traballan para que os barcos, ao reclamo da súa luz, cheguen a bo porto, como leva sucedendo dende 1921, ano no que o naufraxio do vapor Santa Isabel marcou o inicio da súa andaina.

Recomendaciones para a visita y normativa do parque nacional

  • Nas illas non hai colectores de lixo. Organice a volta dos residuos ao porto de orixe: concienciar previamente, levar bolsas para a recollida, etc.
  • Concienciarse previamente sobre os efectos negativos do pisoteo das dunas e da recollida de plantas e de cunchas, fundamentais coma fonte de nutrientes (calcio) para a flora e fauna da praia e duna.
  • Informarse da normativa do Parque, facéndose partícipe na súa conservación.
  • Levar calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esquecer o impermeable ou algo de abrigo para a viaxe en barco e en previsión dos cambios de temperatura.
  • Levar auga e procurar beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e ao vento poden producir problemas de deshidratación.
  • Non esquecer elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  • Circular só polos camiños destinados ao uso público (zonas de visita libre), tendo en conta a cartelería de sinalización.
  • E reconendable levar gafas de mergullo, cámara de fotos, de vídeo e prismáticos.
  • O silencio beneficia á fauna e ao que o disfruta: os ruídos (aparatos de música, gritos, etc.), diminúen a calidade ambiental e impiden o disfrute dos sons da natureza.
  • Atender ás instruccións establecidas pola dirección do Parque e seguir as indicacións dos gardas do PN. Colabore activamente na conservación deste espazo natural, alertando sobre posibles deficiencias ou suxerindo melloras; a comunicación é un instrumento básico de xestión.

Ademais hai que ter en conta que en Sálvora e Cortegada non hai baños públicos e en Cíes só en Semana Santa e no verán. Tamén é importante saber que non hai servizo médico, a excepción dos meses de verán en Cíes e Ons que contan cun posto da Cruz Vermella de atención diúrna.

Recorde con non está permitido

  • Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  • Os verquidos de calquera tipo de residuos ao mar e o abandono en terra de lixo.
  • Acceder ás zonas sinalizadas coma non accesibles ao público.
  • A recolección, destrucción ou alteración de elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños.
  • Coller cunchas (son nutrientes dos solos areosos das praias e dunas).
  • Molestar, ferir, capturar ou matar aos animais silvestres.
  • Estropear, cortar ou arrincar a vexetación.
  • O desembarco de animais domésticos (salvo cans de cego).
  • O disfrute do medio ambiente é un dereito fundamental polo que é preciso manter unha actitude responsable e respetuosa, colaborando activamente na preservación deste espazo natural, patrimonio de todos/as.

(Extractado de la ley BOE, nº 157, de 2 de julio de 2002).

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí

Contactos de interese

1.- Oficina do parque

  • Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
  • Teléfono: 886 218 090 - Fax: 886 218 094
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

2.- Gardería de Sálvora

  • Teléfono: 680 483 453

 

3.- Centro de Visitantes de Sálvora

  • Para visitar a illa de Sálvora durante a época estival e recomendable consultar na oficina de turismo de O Grove, teléfono 986 731 415.

 

4.- Navieras que operan na illa de Sálvora
 
NABIA (ILLA DE ONS)
Teléfono: 986 320 048 - Fax: 986 430 416
E-mail: Susi. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; Comercial: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 986 731 343 - Fax: 986 731 343
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TURIMARES-CRUCEROS DO ULLA
Tlf: 986 731818 // 608089458  -  Fax: 986 733543
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TOURS RÍAS BAIXAS S.L
Tlf: 609411668 Reservas: 619534087
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  ; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MINICRUCEROS PROBA
Tlf: 986 731630 / 608984650 - Fax: 986 731630
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS ANGEL
Tlf: 986732539 //607473228 - Fax: 986732539
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CAMINANDO POR EL MAR
Tlf: 626425554
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS DE AROSA
Tlf: 609562913//616830236 - Fax: 986731817
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CORTICATA
Tlf/fax: 986 565604
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
COMPROMISO CON LA NATURALEZA
Tlf: 661 550 392
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
ALVAMAR
Tlf: 653 516 969
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
AMARE TURISMO NAUTICO
Tlf: 650 410 323 - 322
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MAR DE AGUIÑO
Tlf: 981 841 454
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
INTRAMAR INICIATIVAS TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 / 690 843 487 / 986 742 072
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
SAILWAY, S.L.
Tlf: 986 442 351 - Fax: 986 442 353
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MARES DO GROVE
Tlf: 986 732 205/ 607 645 687 - Fax: 986 733 752
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Vostede está aquí: Home Visitando o parque Arquip. de Sálvora