Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Arquipélago de Cíes

 

 

AVISO: OS VISITANTES AS ILLAS CÍES DEBERÁN CONTAR A  PARTIR DESTA SEMANA SANTA COA AUTORIZACIÓN DA CENTRAL DE RESERVAS NO MOMENTO DE MERCAR O BILLETE A NAVIERA.

Solicite a súa autorización AQUÍ

No caso de pernoctar no camping (único lugar autorizado) e viaxar en transporte marítimo regular, NON é necesario contar coa autorización, xa que a reserva de praza no camping inclúe a tramitación de dito permiso. 

Para máis información e reservas: http://www.campingislascies.com/es/reservas 

Identificación:
Composto polas Illas de Monteagudo, Faro e San Martiño e os illotes da Agoreira ou Boeiro, Penela dos Viños, Carabelos e Ruzo. Situado na bocana da ría de Vigo.

Pertence ao concello de VIGO

Superficie: 3.091 Hectáreas: 433 ha terrestres y 2.658 ha mariñas.

Outras figuras de protección: Parque Natural dende 1980. Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) dende 1988. ZEC Illas Cíes dende 2014..

Mapa Geográfico Cíes

Foto CiesSe voamos por riba do arquipélago das Cíes queda patente o relevo tan contrastado entre a cara oeste, orientada ao océano, onde os abruptos cantís se elevan máis de 150 metros , e a cara leste, que mira cara a ría de Vigo e toca o mar coas areas das súas praias. Destaca pola súa importancia xeomorfolóxica e biolóxica o complexo formado pola barreira da praia de Rodas, que actúa de ponte natural entre as illas Monteagudo e Faro, e o Lago (antigamente “O Lago dos Nenos”), que serve de refuxio de cría de peixes e outros animais acuáticos. Noutrora poboadas, as Cíes ofrecen unha boa mostra de patrimonio cultural: ruinas de mosteiros, castros, fabricas de salga e almacéns dos carabineiros.

 

Accesos

En barco privado:Pódese facer a visita calquera día do ano. Para facelo é preciso obter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedidos polo Parque. Unha vez formalizado o permiso de navegación, poderá solicitar os días de fondeo na propia web do Parque. Estes formularios pódense descargar nesta páxina web no apartado de permisos e neles aparece indicada tamén a documentacion que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumplimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax.

Islas CíesEn transporte público: Existe un transporte público regular durante Semana Santa, fins de semana de maio e no verán. As empresas de transporte que realizan estes servizos adoitan ter base nos portos de Vigo, Cangas e Baiona. Cada tempada as empresas establecen as súas rutas e horarios polo que é necesario consultalos para achegarse ás illas nestas datas. O cupo de visitantes diario a Cíes nestas épocas é de 2200 persoas diarias. Contactos de Navieiras

Grupos organizados

  • Fora da tempada regular ou de transporte público, o cupo redúcese a 250 persoas diarias en Cies e Ons por razóns de conservación e pola calidade de visita que un PN debe ofrecer. O responsable do grupo nestes casos deberá presentar un proxecto didáctico que argumente a visita a realizar e deberán dispor de un guía autorizado ou que acredite coñecemento dos valores naturais e patrimoniais das illas, para acompañar o grupo na visita. Terán en conta que deben dispor de 1 guía por cada 25 participantes do grupo concertado.
  • Na tempada regular, a visita destes grupos debe estar autorizada polo parque pois dada a afluencia en transporte público contan cun cupo compartido de aproximadamente 200 plazas. No caso de ter autorización de transporte regular deberán incluirse no cupo da central de reservas, de 2000 prazas.

Servizos básicos nas illas Cíes

Islas CíesAsistencia sanitaria: Ata o momento, ningún dos arquipélagos conta con persoal sanitario de forma permanente. Nos meses de Xullo e Agosto e fins de semana de Setembro o arquipélago de Cíes dispón deste servizo, xa que coincide coa maior afluencia de visitantes. A caseta da Cruz Vermella en Cíes localízase a poucos metros da caseta de información, xunto á praia de Rodas e é atendida por varios socorristas e un médico ou ATS. Xeralmente o concello de Vigo destina tamén a estas illas un servizo de vixiancia de praias durante a tempada estival. Estes servizos asisten ás illas, co primeiro barco diario e marchan co último do día.

Islas CíesAuga potable: As fontes publicas das illas carecen de garantías sanitaria.E importante, pois, levar auga para visitalas illas e en abundancia xa que este é un territorio con vento e moito sal no aire que propicia a deshidratación baixo o sol.

Islas CíesAseos públicos: Os aseos públicos son accesibles e están situados no camiño que vai por riba do Cámping na illa do Faro.

Áreas de descanso: Aproveitando o abrigo natural que proporcionan as árbores, habilitáronse varias zonas de descanso xunto a algúns dos camiños máis frecuentados, dotadas de mesas ou bancos para poder facer un alto no camiño, comer ou simplemente sentarse a gozar da paisaxe e a tranquilidade. En Cíes existen un par de áreas, unha a carón do Lago e outra xunto á praia de Nosa Señora.

Servizos e equipamentos de atención ao visitante nas Cíes

Islas CíesCaseta de Información: No arquipélago de Cíes o punto de información está situado a 100 metros do peirao de Rodas, na illa de Monteagudo. Pódese solicitar aquí toda a información que se precise sobre o Parque Nacional, tanto en cuestión de servizos coma de posibles actividades a realizar nas illas, o seu principal obxectivo é ofrecer ao visitante toda a información que lle permita aproveitar ao máximo a súa visita nas Cíes. Este servizo está dispoñible sempre que haxa servizo regular de transporte marítimo.

Islas CíesCentro de Visitantes: Está situado, a 1,2 km do peirao de Rodas, na illa do Faro. Inaugurado como Centro de Interpretación en 1997, sitúase no interior dun antigo almacén de artillaría do S.XIX, o cal foi levantado á súa vez sobre as ruínas do Mosteiro de Santo Estevo, datado no S. XI. No seu interior aínda se poden observar os restos da cimentación, algunhas pezas que formaron parte das cornixas do edificio e un sepulcro antropomorfo.
Actualmente o Centro dispón de punto de información ao visitante, sala de interpretación-exposición, un área para obradoiro infantil, e unha sala multiúsos para proxeccións, cursos, conferencias ou actividades con colectivos programadas polo persoal do parque ou solicitadas ao parque. Xeralmente, permanece aberto durante a Semana Santa e toda a tempada estival.

Islas CíesMiradoiros: Aínda que existen multitude de lugares nas illas dende os que poder admirar a súa paisaxe, tan só se consideran como tales algúns deles, que polo seu elevado interese paisaxístico, amplitude e localización a súa visita é recomendable para a maior parte dos visitantes. En Cíes temos o Faro de Cíes, Faro dá Porta e Faro de Monteagudo, Pedra dá Campá ou o Alto do Príncipe.

Observatorios: Casetas de madeira para a observación de aves mariñas cun deseño tal que permite achegarse ás zonas de cría sen perturbar nin escorrentar as colonias de aves. Existen dous nas illas Cíes, un situado a poucos metros do miradoiro da Pedra dá Campá e outro xunto ao Faro de Monteagudo, na illa do mesmo nome.

Islas CíesPaneis informativos e sinalización: O Parque Nacional presenta un panel informativo no arquipélago de Cíes situado frente a caseta de información. Conten un mapa específico do arquipélago, cos servizos, puntos de interese e itinerarios, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.

Sinalización: Os principais itinerarios e puntos de interese están sinalizados coa súa cor correspondente. Tamén se indican as zonas de reserva ou as restrinxidas ou pechadas por motivos de xestión.

Servizos hostaleiros nas illas Cíes

Islas CíesCámping de Cíes: Atópase na illa do Faro, a 700 m da Caseta de Información. Ten capacidade limitada e cada visitante pode aloxarse un máximo de 15 días consecutivos, polo que é recomendable realizar a reserva de praza con antelación por teléfono, na súa páxina web ou na oficina do cámping na estación marítima de Vigo. O cámping, xeralmente, está aberto sempre que exista transporte marítimo regular de viaxeiros, aínda que é mellor consultalo con antelación.

Restaurantes: En Cíes hai varios establecementos de hostalaría que se encontran abertos no período no que opera o transporte público regular. Restaurante do Camping de Cíes, Bar Serafín, Bar Begoña e o Restaurante Rodas.

Actividades nas Illas Cíes

- Itinerarios guiados

Foto CiesO equipo de Uso Público do Parque Nacional, entre outras actividades, deseñou distintos itinerarios guiados que son ofertados ao público xeral durante a época estival. O obxectivo principal é mostrar o visitante, dunha forma amena e significativa, os trazos máis sobresaíntes do percorrido, en función da temática elixida. Na actualidade véñense desenvolvendo rutas interpretativas con contidos xerais, cuxo obxectivo é o recoñecemento dos principais valores do Parque así como outras no que se mostran aspectos máis concretos do patrimonio natural e cultural. Son de carácter gratuíto, e para poder participar nelas é necesario anotarse con antelación nas casetas de información das illas, onde estarán expostas as diferentes rutas, os horarios e o número de participantes máximo para cada unha, requisitos necesarios para poder ofrecer unha actividade de calidade. Tamén existe a posibilidade de poder anotarse previamente a algunha destas rutas a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando este aberta algunha das convocatoiras.

- Itinerarios sinalizados

Islas CíesNa actualidade existen 4 sendeiros sinalizados, situados entre as illas do Faro e Monteagudo, xa que a illa de San Martiño aínda non dispón de equipamentos de Uso Público. Debido ás características físicas do terreo e á zonificación existente, todos os percorridos son de tipo lineal, aspecto a ter en conta para planificar a visita; non obstante, a duración media estimada do itinerario aparece detallada contando coa ida e a volta, dato que tamén figura nos folletos de Cíes, proporcionados polas navieiras xunto cos billetes de embarque. Todos comezan na caseta de información do Parque Nacional, onde podemos resolver dúbidas ou solicitar aspectos máis concretos sobre éstes. Itineraios Cíes- Itinerarios sinalizados

 

- Outras actividades:

 

Pódese realizar mergullo ou "snorkel" en calquera das zonas de baño. É moi recomendable preguntar na caseta de información con antelación. Aconséllase levar un neopreno* sinxelo xa que as augas soen rondar os 15-18 graos no verán.

(*) En caso de empregar chumbos é necesario solicitar o permiso de buceo con antelación.

Normalmente tamén existe a posibilidade de realizar actividades subacuáticas e saídas en piragua na illa coas empresas autorizadas polo Parque Nacional. Consultar previamente.

Recomendacións para a visita:

  •     Lembre que nas illas non hai colectores de lixo. Debe retornar os seus residuos ao porto de orixe, senón dispon de bolsa pode solicitala na caseta de información.
  •     Teña en conta tamén que existe un límite de visitantes diarios, o que pode condicionar a visita se a realiza nos meses de verán.
  •     É moi recomendable achegarse os puntos de información das illas do Parque para informarse sobre as posibles actividades que se poden realizar  e calquera outro aspecto relacionado coa visita.
  •     Leve calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esqueza o impermeable ou algo de abrigo. Lembre que terá que viaxar en barco.
  •     Leve auga e procure beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e o vento poden producir problemas de deshidratación.
  •     Non esqueza elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  •     Circule só polos camiños autorizados, tendo en conta a cartelería e a sinalización.
  •     É recomendable levar prismáticos, gafas de mergullo e un neopreno sinxelo se se vai a practicar "snorkel".
  •     A fauna da costa está protexida. Non a colla nin a moleste.
  •     Gaviotas e peixes non precisan comida, non os alimente.
  •     Lévese só fotos ou vivencias. Deixe as cunchas, flores, area, etc, no seu lugar.
  •     Atenda e siga en todo momento as indicacións do persoal do Parque Nacional.
  •     Lembre que non sempre hai servizo sanitario nas illas e que o tempo de desplazamento a un centro sanitario pode ser importante.
  •     Para facer "snorkel" sen chumbos non é necesaria autorización pero é moi recomendable informarse previamente na caseta de información; tanto sobre as mellores zonas para o mergulllo coma da zonas perigosas ou non permitidas.
  •     Infórmese da normativa do Parque Nacional xa que vostede atópase nun espazo natural protexido.

 

Normativa do Parque Nacional. Lembre que non está permitido:

  •     Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  •     Acampar fóra dos lugares destinados a ese fin.
  •     Botar ou depositar calquera tipo de lixo ou residuos sólidos ou líquidos.
  •     Acceder ás zonas sinalizadas como non accesibles ao público.
  •     Molestar, ferir, capturar ou matar animais silvestres.
  •     Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou trastorne os elementos naturais singulares da zona.
  •     Arrincar, cortar ou danar a vexetación.
  •     Recoller, destruír ou alterar elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños (cómpre salientar que non está permitido recoller cunchas das praias nin dos fondos mariños).
  •     Practicar o submarinismo (con chumbos) sen autorización previa.
  •     Practicar a pesca submarina e a pesca deportiva.
  •     Permanecer ou transitar con ganapáns, armas, arpóns, fusís submarinos e outros utensilios similares.
  •     A navegacióon e fondeo nas augas do Parque sen o permiso correspondente
  •     Instalar pancartas ou anuncios publicitarios sen autorización.
  •     Utilizar megafonía, ruídos ou altofalantes que poidan alterar a tranquilidade natural do lugar.
  •     Desembarcar animais domésticos (agás cans de guía).
  •     Filmar ou fotografar con fins comerciais sen autorización previa.
  •     Desembarcar vehículos de motor (agás cadeiras de rodas).
  •     Introducir especies animais ou vexetais alóctonas.
  •     O voo de "drons", papaventos ou calquera outro tipo de artefacto voador sen autorización expresa do Parque Nacional.

(Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 274/99 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 88/2002 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e a súa contorna; Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad,; Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia e a Ley 30/2014 de Parques Nacionales).

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí

Contactos de interese

1.- Oficina do parque

  • Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
  • Teléfono: 886 218 090 - Fax: 886 218 094
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

2.- Casa forestal Cíes

  • Teléfono: 986 687 502 - 638 477 740
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

3.- Navieras / Empresas de transporte ás illas Cíes

 

3.1.-Servicio Regular / Grupos e visitas educativas:


BAHIA-SUB
Teléfono: 607 911 523
web: www.bahiasub.com

CRUCEROS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 986 731 343 - Fax: 986 731 343
Web: www.crucerosriasbaixas.com
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CRUCEROS DO ULLA-TURIMARES
Tlf: 986 731818 // 608089458  -  Fax: 986 733543
web: www.crucerosdoulla.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

NABIA (NAVIERA ILLA DE ONS)
Tlf: 986-320-048 Fax: 986-430-416
Web: www.piratasdenabia.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

NAVIERA  RÍAS GALLEGAS (RG)
Tlf: 986-433-706
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

NAVIERA MAR DE ONS, S.L.
Tlf: 986-225-272 Fax: 986-226-969
Web: www.mardeons.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

TOURS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 609 411 668 / 619 534 087
web: www.toursriasbaixas.com
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
 
3.2.- Solo grupos e visitas educativas:
 
OCEAN SECRETS
600 854260 // 649 493797
Web:www.oceansecrets.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CHARTER TERRA NOVA
Tlf: 661 056 494
Web: www.charterterra-nova.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MERAK NÁUTICA
Telf: 986 28 38 03
web: www.meraknautica.es
e-mail:
 
GREEN POWER BOATS
M 603 14 06 40
www.greenpowerboats.com
 
SAILWAY, S.L.
Tlf: 986 442 351 - Fax: 986 442 353
Web: www.sailway.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
OCEANIC AROUSA TOURS
Tlf: 648 458 116
Web: www.oceanicarousa.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RUTAS RIAS BAIXAS
Tlf: 609 359 141
Web: www.rutasriasbaixas.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS PELEGRIN (MONROA S.L.) Tlf: 608 182 274
Web: www.crucerospelegrin.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
ALVAMAR
Tlf: 653 516 969
Web: www.alvamarnautica.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
INTRAMAR INICIATIVAS TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 / 986 742 072
Web: www.intramar.org
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MAR DE AGUIÑO
Tlf: 981 841 454
web: www.mardeaguiño.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


 
 
 
 
 
 
 

4.- Hostelería

 
Camping Islas Cíes
 
Oficina de información Estación Maritima da Ria en Vigo
Teléfono: 986 438 358 (de Junio Septiembre)- 986 225 582 (Outubro a Maio) Fax: 986 227 557
Recepción Camping: 986 687 630
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. - Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Web: www.campingislascies.com
Vostede está aquí: Home Visitando o parque Arquip. de Cíes