Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Arquipélago de Ons

 

Identificación:
Composto polas illas de Ons, Onza e o illote das Freitosas.

Pertence ao concello de BUEU

Superficie: 2.641Hectáreas: 470 ha terrestres y 2.171 ha mariñas.

Outras figuras de protección: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) dende 2001. Incluido no ZEC “Complexo Ons-O Grove”.

Mapa Geográfico Cíes

Foto OnsO arquipélago de Ons, fronte á ría de Pontevedra, presenta unha costa occidental con cantís de suave caída plagados de numerosas furnas como a do Buraco do Inferno, e un lado oriental de costa rochosa de baixa altura salpicada de areais, entre os cales destacan a praia e as dunas de Melide. Está formado por dúas illas; Ons, a máis grande e inda poboada, e Onza, máis pequena e toda ela zona de reserva.

Ademais dos seús valores naturais a illa de Ons destaca polo seu interés etnografico e cultural xa que contou cunha importante poboación illán que tivo que adapatarse a unha vida no medio do mar.

 

Accesos

En barco privado: Pódese facer a visita calquera día do ano. Para facelo é preciso obter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedidos polo Parque. Unha vez formalizado o permiso de navegación, poderá solicitar os días de fondeo na propia web do Parque. Estes formularios pódense descargar nesta páxina web no apartado de permisos e neles aparece indicada tamén a documentacion que hai que axuntar. As solicitudes, unha vez cumplimentadas, pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax.

Isla de OnsEn transporte público: existe un transporte público regular durante Semana Santa, fins de semana de maio e no verán. Os portos de partida máis usuais son: Sanxenxo, Portonovo e Bueu. Cada tempada as empresas establecen as súas rutas e horarios polo que é necesario consultarlos para achegarse ás illas nestas datas. Teléfonos de interese

Grupos organizados:

  • Fora da tempada regular ou de transporte público, o cupo redúcese a 250 persoas diarias en Cies e Ons por razóns de conservación e pola calidade de visita que un PN debe ofrecer. O responsable do grupo nestes casos deberá presentar un proxecto didáctico que argumente a visita a realizar e deberán dispor de un guía autorizado ou que acredite coñecemento dos valores naturais e patrimoniais das illas, para acompañar o grupo na visita. Terán en conta que deben dispor de 1 guía por cada 25 participantes do grupo concertado.

Servizos básicos na illa de Ons

Asistencia sanitaria: Ata o momento, ningún dos arquipélagos conta con persoal sanitario de forma permanente, tan só nos meses de Xullo e Agosto e Setembro disponse deste servizo durante o día, xa que coincide coa maior afluencia de visitantes. En Ons, o servizo localízase na zona do Curro preto do Centro de Visitantes.

Auga potable: En Ons as fontes encóntranse sinalizadas pero carecen de garantias sanitarias.

Aseos públicos: Só hai baños públicos no Centro de Visitantes.

Isla de Ons

 

 

Áreas de descanso: Son zonas sombreadas habilitadas con mesas e bancos de madeira. Hai tres zonas; unha a carón da praia de  "Area dos Cans", outra o carón da praia das Dornas e outra o lado do camping.

Servizos de atención ao visitante en Ons

Co obxectivo de ofrecer ao visitante unha atención personalizada que lle permita coñecer o espazo protexido e realizar unha visita de calidade, o Parque Nacional dispón dunha serie de equipamentos específicos, así como dos servizos básicos necesarios para a recepción e acollida de visitantes. Ons conta actualmente cos seguintes equipamentos:

Isla de OnsCaseta de Información: Situada xusto ao final do peirao, o lado da "Praia dás Dornas", nela pódese solicitar toda a información que se precise sobre o Parque Nacional, tanto en cuestión de servizos coma de posibles actividades a realizar nas illas. O seu principal obxectivo é ofrecer ao visitante toda a información que lle permita aproveitar ao máximo a súa visita no Parque. Este servizo está dispoñible sempre que haxa servizo regular de transporte marítimo e funciona con horario ininterrompido os mediodias durante os meses de Xullo e Agosto.

Isla de OnsCentro de Visitantes de Ons: Situado no barrio de Curro fronte a igrexa, este centro ocupa o edificio da antiga escola da illa. Está baseado no patrimonio e etnografía da illa e os seus illáns. O centro, xeralmente, está aberto polas tardes durante a tempada regular .

Isla de OnsMiradoiros: Aínda que existen multitude de lugares nas illas dende onde admirar a paisaxe. En Ons, o miradoiro de Fedorentos é o mais coñecido xa que nos ofrece unha impresionante panorámica cara o sur ; coa illa de Onza, as illas Cíes, e a zona continental máis próxima.

Aínda que non está indicado coma miradoiro, o entorno do Faro de Ons presenta unhas vistas  espectaculares sobre a Rías de Pontevedra e Arousa (coa illa de Sálvora na súa entrada).

Isla de Ons

 

Paneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Ons un panel informativo de benvida ao final do peirao. Conteñen un mapa específico do arquipélago, cos servizos, puntos de interese e itinerarios, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.

 

 

Sinalización:  O igual que en Cíes, en Ons cada ruta ou itinerairo esta sinalizado coa súa cor característica. Atoparemos tamén cartelería específica para indicación das zonas de reserva, restrinxidas ou pechadas por motivos de xestión, así coma algúns paneis interpretativos dos valores etnográficos e naturais.

 

 

Servizos hostaleiros na illa de Ons

Camping Isla de Ons: Está situado no lugar chamado "Chan dá Pólvora", a 1 km do peirao da illa de Ons subindo pola pista de cemento que chega ata o faro. Tratáse dun cámping de segunda categoría, con instalacións que dan cabida a un máximo de 276 visitantes. Conta cun espazo delimitado e acondicionado para a instalación de tendas de campaña, aseos e duchas de auga quente, servizo de lavado, cafetería e recepción, e un sistema de recollida de residuos. Información e reservas www.campingisladeons.com

 

 

Isla de Ons

Restaurantes: En Ons hai varios establecementos de hostalaría, que varían a súa época de apertura en función do transporte público regular e da afluencia de mariñeiros no arquipélago. Na illa podemos atopar tres restaurantes na zona de O Curro;  “Casa Checho”, “Casa Acuña” e “O Pirata de Ons” ademais dun chiringuito o carón da praia de Area dos Cans.

 

 

Actividades na Illa de Ons

Itinerarios guiados

Foto OnsO equipo de Uso Público do Parque Nacional, entre outras actividades, deseñou distintos itinerarios guiados que son ofertados ao público xeral durante todo o período no que operan as navieiras, normalmente Semana Santa, Xullo, Agosto e Setembro. O obxectivo principal é mostrar o visitante, dunha forma amena e significativa, os trazos máis sobresaíntes do percorrido, en función da temática elixida. Na actualidade véñense desenvolvendo rutas interpretativas con contidos xerais, cuxo obxectivo é o recoñecemento dos principais valores do Parque así como outras no que se mostran aspectos máis concretos do patrimonio natural e cultural. Son de carácter gratuíto, e para poder participar nelas é necesario anotarse con antelación nas casetas de información das illas, onde estarán expostas as diferentes rutas, os horarios e o número de participantes máximo para cada unha, requisitos necesarios para poder ofrecer unha actividade de calidade.

Tamén existe a posibilidade de poder anotarse previamente a algunha destas rutas a través da central de reservas de Parques Nacionais sempre e cando este aberta algunha das convocatoiras.

Itinerarios sinalizados

Na actualidade existen 4 sendeiros sinalizados, todos eles na illa de Ons xa que Onza é zona de reserva e non se pode acceder. Comezan na caseta de información da illa e son de percorrido circular e poden seguirse co seguinte mapa:

Mapa.itinerarios Ons

Descargar descrición itinerarios Ons

 

Tamén se pode realizar a ruta sur de xeito autoguiado co seguinte folleto.

Outras actividades

Pódese realizar mergullo ou "snorkel" en calquera das zonas de baño. É moi recomendable preguntar na caseta de información con antelación. Aconséllase levar un neopreno* sinxelo xa que as augas soen rondar os 15-18 graos no verán.

(*) En caso de empregar chumbos é necesario solicitar o permiso de buceo con antelación.

Normalmente tamén existe a posibilidade de realizar actividades subacuáticas e saídas en piragua na illa coas empresas autorizadas polo Parque Nacional. Consultar previamente.

Recomendaciones para a visita:

  •      Lembre que nas illas non hai colectores de lixo. Debe retornar os seus residuos ao porto de orixe, senón dispon de bolsa pode solicitala na caseta de información.
  •     Teña en conta tamén que existe un límite de visitantes diarios, o que pode condicionar a visita se a realiza nos meses de verán.
  •     É moi recomendable achegarse os puntos de información das illas do Parque para informarse sobre as posibles actividades que se poden realizar  e calquera outro aspecto relacionado coa visita.
  •     Leve calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esqueza o impermeable ou algo de abrigo. Lembre que terá que viaxar en barco.
  •     Leve auga e procure beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e o vento poden producir problemas de deshidratación.
  •     Non esqueza elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  •     Circule só polos camiños autorizados, tendo en conta a cartelería e a sinalización.
  •     É recomendable levar prismáticos, gafas de mergullo e un neopreno sinxelo se se vai a practicar "snorkel".
  •     A fauna da costa está protexida. Non a colla nin a moleste.
  •     Gaviotas e peixes non precisan comida, non os alimente.
  •     Lévese só fotos ou vivencias. Deixe as cunchas, flores, area, etc, no seu lugar.
  •     Atenda e siga en todo momento as indicacións do persoal do Parque Nacional.
  •     Lembre que non sempre hai servizo sanitario nas illas e que o tempo de desplazamento a un centro sanitario pode ser importante.
  •     Para facer "snorkel" sen chumbos non é necesaria autorización pero é moi recomendable informarse previamente na caseta de información; tanto sobre as mellores zonas para o mergulllo coma da zonas perigosas ou non permitidas.
  •     Infórmese da normativa do Parque Nacional xa que vostede atópase nun espazo natural protexido.

Normativa do Parque Nacional. Lembre que non está permitido:

  •     Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  •     Acampar fóra dos lugares destinados a ese fin.
  •     Botar ou depositar calquera tipo de lixo ou residuos sólidos ou líquidos.
  •     Acceder ás zonas sinalizadas como non accesibles ao público.
  •     Molestar, ferir, capturar ou matar animais silvestres.
  •     Realizar calquera actividade que destrúa, deteriore ou trastorne os elementos naturais singulares da zona.
  •     Arrincar, cortar ou danar a vexetación.
  •     Recoller, destruír ou alterar elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños (cómpre salientar que non está permitido recoller cunchas das praias nin dos fondos mariños).
  •     Practicar o submarinismo (con chumbos) sen autorización previa.
  •     Practicar a pesca submarina e a pesca deportiva.
  •     Permanecer ou transitar con ganapáns, armas, arpóns, fusís submarinos e outros utensilios similares.
  •     A navegacióon e fondeo nas augas do Parque sen o permiso correspondente
  •     Instalar pancartas ou anuncios publicitarios sen autorización.
  •     Utilizar megafonía, ruídos ou altofalantes que poidan alterar a tranquilidade natural do lugar.
  •     Desembarcar animais domésticos (agás cans de guía).
  •     Filmar ou fotografar con fins comerciais sen autorización previa.
  •     Desembarcar vehículos de motor (agás cadeiras de rodas).
  •     Introducir especies animais ou vexetais alóctonas.
  •     O voo de "drons", papaventos ou calquera outro tipo de artefacto voador sen autorización expresa do Parque Nacional.
  •     O desembarco nin o uso de bicicletas nas illas.
  •     A música nas embarcacións dentro dos límites do Parque.

 ( Lei 15/2002 pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 274/99 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas de Galicia; Decreto 88/2002 polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Espazo Natural da Illa de Cortegada e a súa contorna; Ley 42/2007, del Patrimonio Natural y la Biodiversidad,; Lei 9/2001 de conservación da natureza de Galicia e a Ley 30/2014 de Parques Nacionales).

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí

Contactos de interese

1.- Oficina do parque

  • Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
  • Teléfono: 886 218 090 - Fax: 886 218 094
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

2.- Casa forestal de Ons

  • Teléfono: 986 687 696 - 638 477 785

 

3.- Centro de Visitantes de Ons

  • Direción: Barrio do Curro S/N

4.- Navieras/Empresas con servizo a illa de Ons
 
4.1. Servicio Regular / grupos e visitas educativas:
 
BAHIA-SUB
Teléfono: 607 911 523
web: www.bahiasub.com

CRUCEROS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 986 731 343 - Fax: 986 731 343
Web: www.crucerosriasbaixas.com
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

MAR DE ONS
Teléfono: 986 225 272 - Fax: 986 226 969
Web: www.mardeons.es
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
NABIA (ILLA DE ONS)
Teléfono: 986 320 048 - Fax: 986 430 416
Web: www.piratasdenabia.com
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TOURS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 609 411 668 / 619 534 087
web: www.toursriasbaixas.com
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
4.2.- Solo grupos e visitas educativas:


RUTAS RIAS BAIXAS
Tlf: 609 359 141
Web: www.rutasriasbaixas.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CHARTER TERRA NOVA
Tlf: 661 056 494
Web: www.charterterra-nova.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

CRUCEROS PELEGRIN (Monroa S.L.) Tlf: 608 182 274
Web: www.crucerospelegrin.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

INTRAMAR INICIATIVAS
TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 /¡986 742 072
Web: www.intramar.org
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

AMARE TURISMO NAUTICO
Tlf: 650 410 323 - 322
Web: www.amareturismonautico.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

OCEAN SECRETS
600 854260 // 649 493797
Web:www.oceansecrets.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ALVAMAR
Tlf: 653 516 969
Web: www.alvamarnautica.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MAR DE AGUIÑO
Tlf: 981 841 454
web: www.mardeaguiño.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MERAK NÁUTICA
Telf: 986 28 38 03
web: www.meraknautica.es
 
OCEANIC AROUSA TOURS
Tlf: 648 458 116
Web: www.oceanicarousa.com
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
SAILWAY, S.L.
Tlf: 986 442 351 - Fax: 986 442 353
Web: www.sailway.es
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
 

5. Hosteleria

  • Restaurante Checho: Teléfono. 986 687 698 - 639 563 572
  • Restaurante Acuña: Teléfono. 986 687 699
  • Restaurante Pirata de Ons: Teléfono. 986 687 697
  • Chiringito Area dos Cans

 

Vostede está aquí: Home Arquipélago de Ons

What is JoomShopping ?

Nulla dapibus neque sit amet libero ser suscipit hendrerit. Mauris posuere turpis eu dui lobortis non tincidunt.

Cum sociis natoque penatibus et magnis dis parturient montes.

More info ...

Up Coming Events