Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Arquipélago de Ons

Identificación:
Composto polas illas de Ons, Onza e o illote das Freitosas.

Pertence ao concello de BUEU

Superficie: 2.641Hectáreas: 470 ha terrestres y 2.171 ha mariñas.

Outras figuras de protección: Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) dende 2001. Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) “Complexo Ons-O Grove”.

Mapa Geográfico Cíes

Foto OnsA illa de Ons, fronte á ría de Pontevedra, de contorno alongado e de relevo sen demasiados altibaixos, presenta unha costa occidental con cantís de suave caída e, do lado oriental, unha costa de zonas rochosas de baixa altura e salpicada de areais, entre os cales destacan a praia e as dunas de Melide. A illa de Onza, de forma arredondada e de contorno principalmente rochoso, a diferenza de Ons, non mantivo ningún núcleo de poboación. Ons, aínda poboada, ofrécelle ao visitante as características dun pequeno núcleo rural costeiro, onde os piornos aínda conservan as escasas colleitas que se cultivan actualmente e onde as lendas sobreviven. No máis alto, o faro domina a paisaxe e manténse vixiado polos fareiros que residen nas súas dependencias.

Accesos

En barco privado: pódese facer a visita calquera día do ano. Para facelo é preciso ter o permiso de navegación e o permiso de fondeo expedido polo Parque. O permiso de navegación, requisito para obter o de fondeo, é anual e permite navegar nas augas do Parque Nacional durante o ano en curso. Os fondeos solicítanse por día, puidendo solicitar varios días á vez. Estes formularios e os requisitos para obtelos pódense localizar nesta páxina web e tramitalos a través desta web ou na propia oficina do Parque, e as solicitudes pódense remitir por correo electrónico, correo ordinario ou fax.

Isla de OnsEn transporte público: existe un transporte público regular durante Semana Santa, fins de semana de maio e no verán (o que nos consideramos tempada regular). Isto facilita a entrada de visitantes particulares a estes arquipélagos nestas épocas. Os portos de partida máis usuais son: Sanxenxo, Portonovo e Bueu. Cada tempada as empresas establecen as súas rutas e horarios polo que fai necesario consultarlos para achegarse ás illas nestas datas. Teléfonos de interese

Servizos de transporte para grupos organizados

Estas empresas deberán ter os permisos do parque necesarios para navegación e fondeo según precisen facer os servizos de transporte ás illas, mais deben ter en conta o momento no que se realizan pois:

  • Fora da tempada regular ou de transporte público, o cupo redúcese a 250 persoas diarias en Cies e Ons por razóns de conservación e pola calidade de visita que un PN debe ofrecer. O responsable do grupo nestes casos deberá presentar un proxecto didáctico que argumente a visita a realizar e deberán dispor de un guía autorizado ou que acredite coñecemento dos valores naturais e patrimoniais das illas, para acompañar o grupo na visita. Terán en conta que deben dispor de 1 guía por cada 25 participantes do grupo concertado.
  • Na tempada regular, a visita destes grupos debe estar autorizada polo parque pois dada a afluencia en transporte público contan cun cupo compartido de aproximadamente 200 plazas. No caso de ter autorización de transporte regular deberán incluirse no cupo da central de reservas, de 2000 prazas.

Servizos básicos na illa de Ons

Isla de OnsAsistencia sanitaria: Ata o momento, ningún dos arquipélagos conta con persoal sanitario de forma permanente, tan só nos meses de Xullo e Agosto e Setembro disponse deste servizo durante o día, xa que coincide coa maior afluencia de visitantes. En Ons, o servizo localízase no cruce de camiños do barrio de Curro indo cara o Faro e conta cun DUE e un socorrista.

Isla de OnsAuga potable: Un dos motivos que propiciaron os asentamentos humanos dende a antigüidade en todos os arquipélagos foi a existencia de mananciais propios. Non obstante, aínda que a necesidades neste caso se encontren cubertas, é importante ter en conta que a auga potable é un ben escaso, aínda máis nos períodos máis secos e que coinciden cos de maior afluencia de visitantes. En Ons as fontes encóntranse sinalizadas pero no se garante a súa potabilidade polo que se recomenda levar auga para visitalas illas e en abundancia xa que é éste un territorio con vento e moito sal no aire que propicia a deshidratación baixo o sol.

Isla de OnsAseos públicos: En Onsnon existen aseos públicos independentes doutros servizos, pero poderase usar os aseos que os bares dispoñen para o seu servizo de xeito público. Non obstante, estes aseos non son accesibles a persoas con mobilidade reducida.

Isla de OnsÁreas de descanso: Aproveitando o abrigo natural que proporcionan as árbores, habilitáronse varias zonas de descanso xunto a algúns dos camiños máis frecuentados, complementadas por mesas ou bancos que permiten ao visitante facer un alto no camiño para descansar, comer ou simplemente sentarse a gozar da paisaxe e a tranquilidade. En Ons, hai mesas e bancos de madeira tras a praia "Area dos Cans", xunto á zona de acampada e nas áreas do Castelo e Dornas, as cales se encontran complementadas con senllas fontes.

Servizos de atención ao visitante en Ons

Co obxectivo de ofrecer ao visitante unha atención personalizada que lle permita coñecer o espazo protexido e realizar unha visita de calidade, o Parque Nacional dispón dunha serie de equipamentos específicos, así como dos servizos básicos requiridos para a recepción e acollida de visitantes. Ons conta actualmente cos seguintes equipamentos:

Isla de OnsCaseta de Información: na illa de Ons atoparemos unha caseta de información xusto ao final do peirao, fronte á "Praia dás Dornas". Nela pódese solicitar toda a información que se precise sobre o Parque Nacional, tanto en cuestión de servizos coma de posibles actividades a realizar nas illas; o seu principal obxectivo é ofrecer ao visitante toda a información que lle permita aproveitar ao máximo a súa visita no Parque. Este servizo está dispoñible sempre que haxa servizo regular de transporte marítimo e funciona con horario ininterrompido os mediodias durante os meses de Xullo e Agosto.

Isla de OnsCentro de Visitantes de ONS: Situado no barrio de Curro fronte a igrexa, na construcción do antigo Centro civico de Ons, atópamos este centro de interpretación baseado no patrimonio e etnografía da illa e os seus illáns. Ons, illa de lendas e tradicións, ten unha longa vida chea de acontecementos que condicionaron a supervivencia dos seus habitantes e deu lugar a unha cultura enchida de coñecemento natural da illa e crenzas populares que marcaban o facer diario. A exposición recolle retazos dos valores naturais deste arquipélago e unha máis pormenorizada viaxe pola historia, costumes e vida na illa nas anteriores épocas. O centro, xeralmente, está aberto na tempada estival.

Isla de OnsMiradoiros: Aínda que existen multitude de lugares nas illas dende a que se pode considerar a paisaxe, tan só se consideran como tales algúns deles, que polo seu elevado interese paisaxístico, amplitude e localización son accesibles para a maior parte dos visitantes. En Ons, o miradoiro de Fedorentos ofrécenos unha impresionante panorámica da illa de Onza, as illas Cíes, a Costa dá Vela e a zona continental máis próxima aos arquipélagos.

Aínda que non está indicado coma miradoiro, o entorno do Faro de Ons presenta unhas vistas paisaxísticas espectaculares podendo localizar o arquipélago de Sálvora e recoñecer os pobos ribeireños da ría de Pontevedra e algúns da ría de Arousa.

Isla de OnsPaneis informativos e sinalización: O Parque Nacional ten en Ons un panel informativo de benvida ao final do peirao. Conteñen un mapa específico do arquipélago, cos servizos, puntos de interese e itinerarios, ademais dun mapa xeral coa situación do Parque Nacional e algúns aspectos básicos da normativa do espazo natural.

En canto á sinalización están distribuidas de xeito indicativo os sinais de dirección dos principais itinerarios e puntos de interese e, dada a abundancia de camiños na illa, existe unha rede de postes de dirección que permiten recoñecer o camiño a seguir dos itinerarios indicados no mapa. Atoparemos tamén cartelería específica para indicación das zonas de reserva, restrinxidas ou pechadas por motivos de xestión, así coma algúns paneis interpretativos dos valores etnográficos e naturais.

 

 

Servizos hostaleiros na illa de Ons

Camping Isla de Ons: Está situado no lugar chamado "Chan dá Pólvora", a 1 km do peirao da illa de Ons subindo pola pista de cemento que chega ata o faro. Tratáse dun cámping de segunda categoría, con instalacións que dan cabida a un máximo de 276 visitantes. Conta cun espazo delimitado e acondicionado para a instalación de tendas de campaña, aseos e duchas de auga quente, servizo de lavado, cafetería e recepción, e un sistema de recollida de residuos.

Información e reservas www.campingisladeons.com

 

 

Restaurantes: En Ons hai varios establecementos de hostalaría, que varían a súa época de apertura en función do transporte público regular e da afluencia de mariñeiros no arquipélago. Na illa podemos atopar tres restaurantes; “Casa Checho”, “Casa Acuña” e “O Pirata de Ons”.

Actividades na Illa de Ons

Sen dúbida, a mellor forma de coñecer o Parque Nacional é camiñando por algún dos sendeiros habilitados para o Uso Público. Só a través do contacto directo co espazo é posible apreciar na súa xusta medida os valores polos que este recuncho do océano Atlántico foi declarado Parque Nacional, o que á súa vez dará as claves para comprender as medidas de protección que afectan a éste así como a posibilidade, á medida de cada un, de participar na súa conservación.

Existen varias opcións á hora de realizar estes sendeiros, dependendo do tempo de que dispoña o visitante, o grao de coñecemento sobre o espazo protexido ou o tipo de visita. Para as persoas ás que lles resulte dificultosa a realización de calquera dos paseos, existe a posibilidade de polo menos obter información pormenorizada sobre calquera aspecto concreto do espazo, ben solicitando documentación nos puntos de información ou visitando o centro de visitantes. Por outro lado, neste momento xa é posible realizar algúns destes sendeiros de forma virtual a través da páxina web, o que permite achegar o Parque Nacional ao maior número de persoas posible, independentemente da súa proximidade ao espazo ou as súas limitacións físicas.

Itinerarios guiados

Foto OnsO equipo de Uso Público do Parque Nacional, entre outras actividades, deseñou distintos itinerarios guiados que son ofertados ao público xeral durante todo o período no que operan as navieiras, normalmente Semana Santa, Xullo, Agosto e Setembro. O obxectivo principal é mostrar o visitante, dunha forma amena e significativa, os trazos máis sobresaíntes do percorrido, en función da temática elixida. Na actualidade véñense desenvolvendo rutas interpretativas con contidos xerais, cuxo obxectivo é o recoñecemento dos principais valores do Parque así como outras no que se mostran aspectos máis concretos do patrimonio natural e cultural. Son de carácter gratuíto, e para poder participar nelas é necesario anotarse con antelación nas casetas de información das illas, onde estarán expostas as diferentes rutas, os horarios e o número de participantes máximo para cada unha, requisitos necesarios para poder ofrecer unha actividade de calidade.

Este tipo de actividades tamén se realizan cos colectivos participantes nos programas de educación ambiental e divulgación, así como con aqueles que previamente o solicitasen nas oficinas do Parque Nacional e que adoitan levarse a cabo fóra da tempada estival, dato importante se se está interesado en organizar este tipo de visita ás illas. Link Solicitude

Itinerarios sinalizados

Os itinerarios descritos a continuación sitúanse na illa de Ons, xa que toda a superficie terrestre de Onza, a excepción das súas praias, está catalogada como zona de reserva. Todos parten do punto de información existente xunto á Praia de Dornas, onde o persoal do parque facilitará calquera información adicional sobre os percorridos ou outros aspectos de interese. Os camiños xa existentes posibilitaron o deseño circular de todos eles, o que permitirá ao visitante apreciar dunha forma máis completa os valores naturais e culturais de Ons sen aumentar en exceso a duración dos percorridos. É importante atender á sinalización existente así como ás posibles indicacións do persoal de Parque, xa que ao ser unha illa habitada, Ons presenta unha gran cantidade de camiños polos que é doado despistarse e atrasar nosa volta ao porto, calculada sempre en función do horario establecido para coller o barco de volta ao continente.

1.- Ruta Sur

Foto OnsDistancia: 6,2 km.

Duración do percorrido: 2 h 30 minutos.

Desnivel máximo: 86m.

Principais puntos de interese: Barrio de Curro, Praias de Area dos Cans e Canexol, Miradoiro de Fedorentos, Buraco do Inferno, Enseada de Caniveliñas.

Descrición do itinerario: Tras deixar atrás a caseta de información do Parque Nacional subiremos pola curta pero forte pendente que atravesa o pequeno núcleo de Curro ata chegar ao cruzamento onde conflúen todas as pistas principais, a poucos metros da igrexa. Escolleremos a pista de rodeiras de cemento que se dirixe cara ao sur e discorre nun primeiro tramo, paralela ás praias.

Xusto despois de deixar a primeira praia, Area dos Cans, é interesante fixarse no grupo de rochas existente a uns 80 m da costa, onde se localiza a “Laxe do Crego", sarcófago antropomórfico datado no medievo e que foi dende entón obxecto de múltiples lendas. Un pouco despois chegaremos ata a praia de Canexol e o seu fráxil sistema dunar, actualmente en proceso de recuperación. Ao outro lado do camiño consérvase aínda a antiga casa reitoral cos seus tradicionais emblemáticos piornos e tras ela, xa a media aba de monte, o cemiterio e a vella igrexa. As vivendas que atoparemos ao longo do camiño, algunhas delas habitadas, forman parte dos barrios de Canexol e Pereiró, ao que chegaremos tras 20 minutos de descansado paseo. Alí encóntranse as instalacións que dan servizo aos campamentos de verán que a Xunta de Galicia leva organizando en Ons dende hai anos.

Isla de OnsO camiño continúa ascendendo desviándose cara á esquerda, coa referencia dun esvelto piñeiro solitario entre a espesa vexetación de matogueira e que acabará desembocando, nuns 45 min dende o inicio da ruta, no fermoso miradoiro de Fedorentos, dende onde poderemos gozar dunhas magníficas vistas da costa sur galega coa redonda illa de Onza en primeiro plano e o espectacular perfil de Cíes detrás. Volvendo un pouco sobre os nosos pasos, continuaremos cara ao oeste para poder achegarnos ao Buraco do Inferno (1 h 30 min), sima que creou o poderoso bater do océano, unha curiosa formación xeolóxica que se comunica co mar a uns 40 m de profundidade. Seguiremos bordeando a costa occidental ata alcanzar a enseada de Caniveliñas. Ao chegar á fonte do mesmo nome, divisaremos ao fondo O Curro, ao que chegaremos collendo o desvío á dereita que nos levará de volta ao punto de partida.

Isla de Ons

2.- Ruta Norte

Foto OnsDistancia: 8,1 km.

Duración do percorrido: 3h.

Desnivel máximo: 100m.

Principais puntos de interese: Barrio de Curro, Praia de Melide, Punta Centolo, Punta Xobenco, Faro de Ons, Punta Liñeiros, Enseada de Caniveliñas.

Descrición do itinerario: Como a anterior, parte da caseta de información situada xunto ao peirao. Atravesaremos Curro, onde se concentran a maior parte dos servizos de atención ao visitante, para chegar ao cruzamento do que saen os camiños máis transitados. Colleremos aquel que, en dirección Norte, se dirixe cara á praia de Melide, o areal máis grande e fermoso da illa de Ons.

Tras uns 15 minutos de ascenso, podemos parar a refrescarnos e descansar un pouco baixo os salgueiros, xunto á fonte do Castelo. Pouco despois a vexetación de matogueira, predominante nesta zona, nos permite gozar das vistas da praia, de Punta Centolo ao Norte, da inmensa barra areenta da Lanzada e de case todo o perfil das Rías Baixas, que podemos seguir se miramos cara ao leste. Preto xa de Melide, os eucaliptos, agora nun proxecto de erradicación de especies alóctonas, dan sombra ao camiño que ata entón discorría entre as espesas matas de toxo salpicadas por algúns piñeiros, loureiros e carballos novos.

Isla de OnsAntes de que se delimitase a zona de acampada como único sitio autorizado para acampar, era este abrigado lugar o escollido por moitos visitantes para pasar longas tempadas na illa, época da que só se conserva a tradición nudista da praia, á que chegaremos tras unha media hora de paseo. Se a beleza e claridade das augas de Melide non remataron coas nosas ganas de camiñar, habemos de seguir pola pista que comeza a ascender en dirección Norte. Ao chegar ao primeiro cruzamento paga a pena desviarnos 15 minutos e chegar ao miradoiro de Punta Centolo, espectacular balcón que nos permitirá gozar dunha das vistas máis fermosas e completas do litoral: Sálvora, coa costa ribeirá e a irregular Serra do Barbanza detrás, a península do Grove, A Lanzada, a ría de Pontevedra, Aldán, Costa dá Vela...

A importancia deste lugar, ademais de paisaxística, radica en que se trata dunha das zonas de cría de corvo mariño moñudo e gaivota patiamarilla, as dúas especies de aves mariñas máis representativas do Parque Nacional. Por esta razón o acceso está restrinxido dende o 15 de febreiro ata o 31 de Xullo, período de nidificación destas aves. De volta no cruzamento, seguiremos subindo agora cara ao oeste, sendo recomendable parar a refrescarnos na "Fonte do Gaiteiro", xa que é a única que se encontra nesta zona. O camiño continúa ondulando pola vertente oeste entre toxos, breixos e xestas, co inmenso océano Atlántico como fondo escénico.

A altitude indícanos que nos achamos próximos ao Faro, ao que poderemos achegarnos se nos desviamos uns minutos cara ao heliporto (lugar onde mellor se admira a impoñente edificación) no cruzamento onde se xuntan a ruta pola que imos, a pista que vén do Faro e a senda que chega ata Punta Liñeiros. Despois continuaremos, agora xa en suave descenso, cara ao sur, gozando da brisa mariña e o perfil da enseada de Caniveliñas.

Neste tramo do camiño pódense observar robustos exemplares de Cytisus insularis, unha especie de xesta que ata o momento só foi descrita en Ons e en Sálvora. Despois de gozar da paisaxe, só nos queda regresar ao punto de partida, para o que colleremos a primeira pista que sae a man esquerda xa na parte baixa da enseada, a cal acabará desembocando nunha pista asfaltada pola que descenderemos ata chegar a Curro.

Isla de Ons

3.- Ruta do Faro

Foto OnsDistancia: 4 km.

Duración do percorrido: 1 h 30 minutos.

Desnivel máximo: 120m.

Principais puntos de interese: Barrio de Curro, Faro de Ons, Enseada de Caniveliñas.

Descrición do itinerario: Como nas rutas anteriores, partiremos da caseta de información.

Esta empinada pendente achéganos a Curro, o principal núcleo de poboación da illa e onde se atopan a maior parte dos servizos. A primeira edificación que nos encontramos a man dereita, hoxe casa forestal, foi hai anos o motor da actividade insular, xa que nela instalouse a fábrica de salgadura que modificou as actividades pesqueiras, propiciando un período de bonanza económica e un crecemento notable da poboación residente. Máis adiante, tras o peche da fábrica, instalouse alí a familia Riobó, propietaria da illa e forma unha sociedade mercantil adicada ao secado de polbo e congro. Antes de abandonar a aldea deixaremos á nosa esquerda as escolas unitarias, onde durante algo menos dunha década asistiron, aínda que en clases separadas, os nenos e nenas de Ons.

Deixaremos o camiño empedrado para seguir pola pista asfaltada que comeza a ascender suavemente cara ao sueste, e pola que encontraremos algúns dos casais que mellor mostran a arquitectura propia da zona: planta rectangular, piso baixo, portas e ventás orientadas ao leste, alpendre, piorno e un espazo anexo para gardar a dorna en seco, igual que a peculiar forma de pintar as fachadas das casas. Antes de tomar a seguinte curva, as espléndidas vistas da ría motiva unha pequena parada no camiño, que seguirá entre os agora abandonados campos de cultivo nos que dominaban as patacas, millo e centeo, situados nas protexidas abas da cara leste da illa. Pouco despois, aparecerán nunha revolta do camiño varios salgueiros e abruñeiros como exemplo da vexetación autóctona existente na illa, tras os que algunhas casas diseminadas nos avisarán de que chegamos ao barrio de Cucorno. Ao fondo perfílase a gran torre hexagonal do Faro de Ons.

Isla de OnsActualmente non é posible, salvo autorización expresa, acceder ao recinto do faro, de maneira que nos desviaremos 100 m antes pola pista que a man esquerda diríxese á parte oeste da illa. Nuns minutos podemos achegarnos por un pequeno desvío ata o heliporto, dende onde se contempla mellor o magnífico edificio do faro, situado no punto máis alto da illa. Xunto co de Sálvora, é un dos poucos que quedan en España aínda atendidos por fareiros. De forma ininterrompida dende 1926, ano no que comezou a funcionar primeiro con petróleo e agora con placas solares, o seu potente feixe de luz serve de guía ás numerosas rutas marítimas que percorren as Rías Baixas.

Retomaremos a pista anterior, que desemboca na que bordea toda a costa oeste. Dirixirémonos cara ao sur (esquerda), seguindo o camiño que descende entre a espesa matogueira de toxos, breixos e xaras, que comezan a perder terreo fronte ás duras condicións que impón o océano.

A enseada de Caniveliñas, que pouco a pouco vai enchendo o noso campo de visión, é un profundo entrante que define a parte máis estreita da illa, de tan só 350 m de anchura. Seguiremos pola pista ata a zona máis baixa da enseada, onde se encontra a fonte do mesmo nome. Despois de tomarnos un respiro tras unha hora de percorrido, volveremos a Curro a través da pista que dende aquí se dirixe ao leste, cara á ría. No seguinte desvío, entre os muros que delimitaban antigos terreos, dirixirémonos cara á esquerda. En 5 minutos chegaremos á pista asfaltada, pola que regresaremos á aldea.

Isla de Ons

4.- Ruta do Castelo

Foto OnsDistancia: 1,1 km.

Duración do percorrido: 40 minutos.

Desnivel máximo: 33m.

Principais puntos de interese: Miradoiro do Castelo, Fonte do Castelo, Barrio de Curro.

Descrición do itinerario: Fronte á caseta de información, onde comeza a ruta, encóntrase a praia das Dornas, primeiro punto de interese do itinerario. O pequeno areal debe o seu nome ás antigas embarcacións usadas polos insulares e que son unha herdanza das primitivas naves normandas que no S.X invadiron as nosas costas, adaptadas para facer fronte ás condicións e tipo de pesca da zona. Practicamente en desuso, só algunhas delas descansan neste fondeadoiro natural, onde antes era frecuente ver decenas aliñadas xunto á beira.

Subindo as escaleiras xunto á fonte, hai unha pequena zona de descanso equipada con mesas e bancos de madeira, que atravesaremos para ir a coller a senda que en dirección norte discorre paralela á liña de costa. Os fondos de rocha, predominantes neste arquipélago, son claramente visibles neste tramo, sobre todo se o noso paseo coincide coa baixamar.

Cruzaremos un pequeno cavorco no que os salgueiros nos indican a presenza de auga doce, máis abundante aquí que nas próximas illas Cíes. Á altura dun pequeno claro situado un pouco máis adiante, mirando cara á esquerda, veremos aparecer a lanterna do faro de Ons, a 128 m sobre o nivel do mar. O camiño, que agora culebrea entre un corredor de espiños, abruñeiros, xaras, toxos e fentos sobre unha alfombra de trevos e silenes nos levará, nuns 15 minutos dende a caseta, ata o miradoiro do Castelo.

Isla de OnsDa antiga fortificación de carácter defensivo que antes se levantaba neste estratéxico lugar, só quedan as ruínas dos muros, dende onde podemos gozar das vistas de toda a costa oriental da illa de Ons e a Ría de Pontevedra. Nun primeiro plano cara ao Norte, veremos a praia de Melide, o areal máis belo e emblemático do arquipélago.

Ao sur, o peirao, Curro, a praia de Canexol, Onza e ao lonxe, case sempre entre brumas, as illas Cíes. Volvendo sobre os nosos pasos ata o último claro, seguiremos a senda que parte cara ao interior da illa. Os muros levantados ao pé do camiño, que agora ascende lixeiramente, marcan os límites de antigos terreos e campos de cultivo.

Antes de saír a unha das pistas principais, un pequeno bosquete de salgueiros abeira unha pequena área de descanso, cuns cantos bancos, mesas e unha fonte onde refrescarse (25 minutos dende o comezo da ruta). Para regresar ao pobo só temos que seguir a pista principal cara ao sur, e observaremos nas súas beiras algunhas mostras da arquitectura tradicional como varios piornos ou un lavadoiro en bastante bo estado de conservación, xa xunto á aldea.

Isla de Ons

Recomendaciones para a visita y normativa do parque nacional

  • Nas illas non hai colectores de lixo. Organice a volta dos residuos ao porto de orixe: concienciar previamente, levar bolsas para a recollida, etc.
  • Concienciarse previamente sobre os efectos negativos do pisoteo das dunas e da recollida de plantas e de cunchas, fundamentais coma fonte de nutrientes (calcio) para a flora e fauna da praia e duna.
  • Informarse da normativa do Parque, facéndose partícipe na súa conservación.
  • Levar calzado deportivo e roupa cómoda; tampouco esquecer o impermeable ou algo de abrigo para a viaxe en barco e en previsión dos cambios de temperatura.
  • Levar auga e procurar beber abundantemente durante a visita; unha prolongada exposición ao sol, ás temperaturas estivais e ao vento poden producir problemas de deshidratación.
  • Non esquecer elementos como gafas de sol, gorras e crema de protección solar.
  • Circular só polos camiños destinados ao uso público (zonas de visita libre), tendo en conta a cartelería de sinalización.
  • E reconendable levar gafas de mergullo, cámara de fotos, de vídeo e prismáticos.
  • O silencio beneficia á fauna e ao que o disfruta: os ruídos (aparatos de música, gritos, etc.), diminúen a calidade ambiental e impiden o disfrute dos sons da natureza.
  • Atender ás instruccións establecidas pola dirección do Parque e seguir as indicacións dos gardas do PN. Colabore activamente na conservación deste espazo natural, alertando sobre posibles deficiencias ou suxerindo melloras; a comunicación é un instrumento básico de xestión.

Ademais hai que ter en conta que en Sálvora e Cortegada non hai baños públicos e en Cíes só en Semana Santa e no verán. Tamén é importante saber que non hai servizo médico, a excepción dos meses de verán en Cíes e Ons que contan cun posto da Cruz Vermella de atención diúrna.

Recorde con non está permitido

  • Prender calquera tipo de lume, fogueira ou similar.
  • Os verquidos de calquera tipo de residuos ao mar e o abandono en terra de lixo.
  • Acceder ás zonas sinalizadas coma non accesibles ao público.
  • A recolección, destrucción ou alteración de elementos de interese arqueolóxico, histórico ou xeolóxico, tanto terrestres como mariños.
  • Coller cunchas (son nutrientes dos solos areosos das praias e dunas).
  • Molestar, ferir, capturar ou matar aos animais silvestres.
  • Estropear, cortar ou arrincar a vexetación.
  • O desembarco de animais domésticos (salvo cans de cego).
  • O disfrute do medio ambiente é un dereito fundamental polo que é preciso manter unha actitude responsable e respetuosa, colaborando activamente na preservación deste espazo natural, patrimonio de todos/as.

(Extractado de la ley BOE, nº 157, de 2 de julio de 2002).

Lexislación

Se desexa ver toda a lexislación vixente clicke aquí

Contactos de interese

1.- Oficina do parque

  • Dirección: Edificio Cambón C/Oliva 3. 36202 (Vigo).
  • Teléfono: 886 218 090 - Fax: 886 218 094
  • E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
  • Web: www.parquenacionalillasatlanticas.com

 

2.- Casa forestal de Ons

  • Teléfono: 986 687 696 - 638 477 785

 

3.- Centro de Visitantes de Ons

  • Direción: Barrio do Curro S/N

 

4.- Navieras con servizo a illa de Ons
 
Navieras con servizo regular á illa de Ons
 
MAR DE ONS
Teléfono: 986 225 272 - Fax: 986 226 969
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
NABIA (ILLA DE ONS)
Teléfono: 986 320 048 - Fax: 986 430 416
E-mail: Susi. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; Comercial: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 986 731 343 - Fax: 986 731 343
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RÍAS GALLEGAS
Teléfono: 986 433 706
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS ISLAS DE ONS
Teléfono: 627900017 - Fax: 986 320953
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TOURS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 609 411 668 / 619 534 087
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Navieras que fan transporte de grupos á illa de Ons
 
MAR DE ONS
Teléfono: 986 225 272 - Fax: 986 226 969
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
NABIA (ILLA DE ONS)
Teléfono: 986 320 048 - Fax: 986 430 416
E-mail: Susi. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.; Comercial: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS RÍAS BAIXAS
Teléfono: 986 731 343 - Fax: 986 731 343
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RÍAS GALLEGAS
Teléfono: 986 433 706
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TURIMARES-CRUCEROS DO ULLA
Tlf: 986 731818 // 608089458  -  Fax: 986 733543
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
TOURS RÍAS BAIXAS S.L
Tlf: 609411668 Reservas: 619534087
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.  ; Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CRUCEROS ISLAS DE ONS
Tlf: 627900017 - Fax: 986 320953
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
CORTICATA
Tlf/fax: 986 565604
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
COMPROMISO CON LA NATURALEZA
Tlf: 661 550 392
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
AMARE TURISMO NAUTICO
Tlf: 650 410 323 - 322
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MERAK NAUTICA
Tlf: 986 283 803
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
ALVAMAR
Tlf: 653 516 969
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
MAR DE AGUIÑO
Tlf: 981 841 454
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
INTRAMAR INICIATIVAS TRADICIONALES MARÍTIMAS
Tlf: 690 843 488 / 690 843 487 / 986 742 072
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
RUTAS RÍAS BAIXAS
Tlf: 609359141 / 986520167
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
LUIS RIAL DOBARRO
Embarcación Reina de África
Tlf: 620 213 306
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
SAILWAY, S.L.
Tlf: 986 442 351 - Fax: 986 442 353
e-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 

5. Hosteleria

  • Restaurante Checho: Teléfono. 986 687 698 - 639 563 572
  • Restaurante Acuña: Teléfono. 986 687 699
  • Restaurante Pirata de Ons: Teléfono. 986 687 697

 

Vostede está aquí: Home Visitando o parque Arquip. de Ons