Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Expo itinerante

Exposición itinerante: os valores naturais e culturais do parque nacional das illas atlánticas.

Centro de Visitantes

O Parque Nacional ten a disposición do público unha exposición móbil, baseada nos valores do parque, en soportes de fácil manexo para facilitar o seu traslado e montaxe. A exposición itinerante consta dos seguintes elementos:

Elementos expositivos da cultura mariñeira das illas: nasas, rede, espello para pesca do polvo, patela, raña, 3 maquetas de diferentes embarcacións: dorna, gamela e bote polveiro.

Acceda as fichas identificativas de cada un dos materiais para coñecer as súas características.

Exposición itinerante: I concurso de fotografía do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

No ano 2008 o Parque Nacional das Illas Atlánticas convocou o seu primeiro concurso de Fotografía onde se estableceron 5 categorías para os traballos a presentar:

Centro de Visitantes

  • Fauna
  • Flora
  • Fondos mariños
  • Paisaxe
  • Etnografía

A convocatoria foi moi aclamada e a participación moi alta, resultando na entrega de traballos de moi alta calidade tanto profesional coma artística. Este alto nivel de traballos foi merecedor dunha exposición para dar mostra ao público da calidade dos participantes do concurso.

Hoxe, toda a mostra está dispoñible para aqueles que queiran amosar unha mirada distinta - recollida nunha imaxe- do Parque Nacional das Illas Atlánticas ao público.

Esta exposición conta seguintes elementos para exposición:

  • nº fotos, tamaños, carteis exposición, elementos

O Parque Nacional dispón de dous mobles expositores para disposición de materiais divulgativos do Parque e, así, complementar as exposicións dispoñibles. O material divulgativo será aportado polo Parque tendo en conta o colectivo a quén vai dirixida a exposición solicitada.

Para solicitar as exposicións itinerantes comentadas neste epígrafe, “Os valores naturais e culturais do PNIAG” e “I Concurso de Fotografía do PNIAG”, tan só hai que cubrir o formulario adxunto do “Servizo Guías” seleccionando a opción indicada para Exposicións.

Presentacion Centro de Visitantes

Solicitude de exposicións itinerantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas

FICHAS IDENTIFICATIVAS DAS EXPOSICIÓNS ITINERANTES DO PNIAG

Exposición sobre os valores naturais e culturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia:

Exposicion Itinerante

Título: As Illas na historia

Formato:

  • Panel de lona con soporte propio e portable.
  • Tamaño: 1,50m x 2,20m
  • Idioma: castelán e galego no mesmo panel.

Contidos: Percorrido histórico polas illas do parque destacando os acontecementos mais salientables.

  • Da prehistoria aos primeiros asentamentos: Prehistoria e historia antiga.
  • Monxes e guerreiros: Idade Media
  • As illas do Tesouro: Idade Moderna
  • Cara á protección: Idade Contemporánea

Exposicion Itinerante

Título: O medio mariño, un mar de fondos

Formato:

  • Panel de lona con soporte propio e portable.
  • Tamaño: 1,50m x 2,20m
  • Idioma: castelán e galego no mesmo panel.

Contidos: Trata a riqueza do medio mariño que rodea as illas do Parque Nacional xustificandoa con dous fenómenos básicos que acontecen nel:

  • Os afloramentos costeiros !fonte de vida!
  • As mareas !Vivir contra reloxo

Exposicion Itinerante

Título: Aves mariñas: as raíñas do parque

Formato:

  • Panel de lona con soporte propio e portable.
  • Tamaño: 1,50m x 2,20m
  • Idioma: castelán e galego no mesmo panel.

Contidos: Representación das aves mariñas ligadas ás illas do Parque Nacional. Caracterízanse neste panel:

  • Gaivota patiamarela
  • Gaivota escura
  • Corvo mariño cristado
  • Paiño europeo
  • Arao
  • Pardela balear

.Observacións: Neste panel hai que precisar que:

  • Referente ao arao, esta especie xa non cría nas illas do parque nacional.
  • Referente a pardela balear, hoxe temos datos de cría no parque aínda que non se pode falar de colonia.

 

Exposicion Itinerante

Título: Catro illas e seu mar protexidas no Parque Nacional

Formato:

  • Panel de lona con soporte propio e portable.
  • Tamaño: 1,50m x 2,20m
  • Idioma: castelán e galego no mesmo panel.

Contidos: Panel de presentación do Parque onde se identifica a súa composición, data de declaración e características físicas de este espazo protexido.

  • Máis mar que terra
  • O mar creou as rías e as illas
  • As illas teñen dúas caras
  • Illas Atlánticas con influencia Mediterránea.

Exposición fotográfica do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia - Resultado do concurso fotográfico do ano 2008:

Exposicion Itinerante

Identificación: Mural de parede - Presentación Exposición Fotográfica

Formato:

  • Medidas: Longo 290 cm Alto máx: 45 cm
  • Idioma: castelán e galego.

Contidos: Mural para presentación da exposición fotográfica do Parque Nacional.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Mural de parede - Cíes: Flora

Formato:

  • Medidas: Longo 220 cm Alto máx: 105 cm
  • Idioma: castelán e galego.

Contidos: Silueta das ILLAS CIES- para mostra das fotos na categoría de FLORA.

Exposicion Itinerante

Identificación: Mural de parede - Ons: Paisaxe

Formato:

  • Medidas: Longo 300 cm Alto máx: 130 cm
  • Idioma: castelán e galego.

Contidos: Silueta das ILLAS ONS- para mostra das fotos na categoría de PAISAXE.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Mural de parede - Sálvora: Etnografía

Formato:

  • Medidas: Longo 245 cm Alto máx: 150 cm
  • Idioma: castelán e galego.

Contidos: Silueta da ILLA de SALVORA- para mostra das fotos na categoría de ETNOGRAFÍA.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Mural de parede - Cortegada: Ecosistemas mariños

Formato:

  • Medidas: Longo 195 cm Alto máx: 165 cm
  • Idioma: castelán e galego.

Contidos: Silueta da ILLA de CORTEGADA para mostra das fotos na categoría de ECOSISTEMAS MARIÑOS.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Mural de parede - Fauna

Formato:

  • Medidas: Longo 180 cm Alto máx: 75 cm
  • Idioma: castelán e galego.

Contidos: Silueta de fondo para presentación das fotos da categoría de FAUNA.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Láminas Fotografías - presentación das categorías do concurso. Finalistas.
Láminas representativas das categorías do concurso de fotografía.

Formato:

  • Medidas: A4 aproximadamente
  • Idioma: galego.

Contidos: FLORA, FAUNA, PAISAXE, ECOSISTEMAS MARIÑOS, ETNOGRAFIA.

Outros equipamentos para exposicións:

Exposicion Itinerante

Identificación: Moble - Módulo didáctico

Características:

  • Moble interactivo e expositor, actualmente repintado en gris cinza.
  • Medidas: Alto 140 cm Ancho máx: 85 cm
  • Idioma: castelán e galego.

Contidos:

  • Base superior para exposición.
  • Tapetas interactivas con contados sobre valores naturais e culturais do parque nacional.
  • Caixón interactivo para identificación mediante tacto de elementos no interior.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Moble Vitrina estantería - Expositor

Características:

  • Moble rectangular en gris cinza, con vitrina superior.
  • Medidas: Alto 100cm, Ancho: 40 cm, Longo:120cm

Contidos: Sen contidos.

Pódese aportar material divulgativo e de consulta do Parque Nacional das illas atlánticas de Galiza para exposición neste moble.

.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Moble estantería - Expositor

Características:

  • Moble rectangular en cor gris cinza.
  • Medidas: Alto 120cm, Ancho: 40 cm, Longo:120cm

Contidos: Sen contidos.

Pódese aportar material divulgativo e de consulta do Parque Nacional das illas atlánticas de Galiza para exposición neste moble.

.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: A esencia da natureza costeira galega, máis protexida ca nunca.

Características:

  • Medidas: Longo:90cm e Ancho 60 cm
  • Idioma: castelán, galego e inglés no panel.

Contidos:

  • Mapa de situación do Parque Nacional e mapa de cada un dos arquipélagos do parque.
  • Características principais coa ollada “Un mundo no que sobreviven só os máis adaptados”.
  • Normativa e recomendacións para a visita.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Compartir para sobrevivir

Características:

  • Medidas: Longo: 90cm e Ancho: 60 cm
  • Idioma: castelán, galego e inglés no panel.

Contidos: Características da vida na illa de Ons: as súas xentes, os recursos, as lendas… como sobrevivir na dureza dunha illa aberta ao mar.

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Aves do Parque Nacional

Características:

  • Medidas: Longo: 40cm e Ancho: 30cm
  • Idioma: castelán e galego no panel.

Contidos: Porqué temos tanta diversidade de aves se as condicións ambientais son tan duras?

 

Exposicion Itinerante

Identificación: Cetáceos do Parque Nacional

Características:

  • Medidas: Longo: 120cm e Ancho: 90cm
  • Idioma: galego

Contidos: O panel mostra os cetáceos misticetos e odontocetos.

 

Vostede está aquí: Home Recursos Expo itinerante