Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Investigación

Investigación e seguimento

Un dos principais obxectivos do Parque Nacional é conservar a integridade dos seus valores naturais, representativos do sistema natural español polos que foi declarado, fomentar o coñecemento dos seus valores e contribuír ao fomento da investigación científica.

Foto CiesNo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia realízase un esforzo investigador para o estudo dos diferentes valores do Parque. Así os traballos que se levan a cabo dentro do ámbito do Parque Nacional son relativos ao seguimiento dos recursos naturais tanto da flora como da fauna e das interaccións entre os diferentes compoñentes do medio. Dentro dos estudos que se realizan hai que destacar os relativos ao estudo do medio mariño.

Numerosos traballos recentes, pola súa proximidade, son coordinados dende as Universidades e Centros de Investigación galegos.

Convocatoria de proxectos de investigación

No Plan Director da Rede de Parques Nacionais (Real Decreto 1080/99 de 26 de novembro) especifícanse as directrices en relación á investigación e seguimento dos recursos e determínase o fomento á investigación dos valores e os procesos naturais dos Parques. Tamén se especifica no Plan director que os resultados da investigación deben de facerse públicos e que se promoverá a súa publicación e a súa trasferencia, por unha banda para a súa utilización na xestión do Parque e por outra para a súa divulgación e interpretación co fin de mellorar a comprensión.

En cumprimento deste mandato, elaborouse, a través dun Comité Científico, o marco conceptual do devandito Programa de Investigación no que se inclúen distintas liñas de actuación entre as que destaca a convocatoria de axudas a proxectos de investigación en materias relacionadas coa Rede de Parques Nacionais.

Mediante esta liña de axudas preténdese promover a investigación de calidade, contribuíndo así de forma eficaz a mellorar o coñecemento científico dos Parques Nacionais, a procura de solucións a problemas técnicos, sociais i económicos e, en definitiva, a mellorar a da xestión destes singulares espazos protexidos.

A comunidade científica da contorna ten cada vez máis presente o valor natural e cultural deste territorio galego, polo que os proxectos de investigación no ámbito do Parque alcanzan cada vez máis interese. Neste sentido desenvólvense liñas de investigación que completan este marco e programa particular

Para acceso ás convocatorias, proxectos e resumes dos traballos de investigación da Rede de Parques Nacionais consultar na dirección:

Relación de proxectos

2012

CONTROL DE CONTAMINANTES ORGÁNICOS PERSISTENTES SEGÚN CONVENIO DE ESTOCOLMO E MERCURIO EN OVOS DE LÁRIDOS: BASES DE DATOS, SERIES HISTÓRICAS E XESTIÓN AMBIENTAL. Investigador Principal: SILVIA LACORTE BRUGUERA - Instituto de Diagnostico Ambiental e Estudios da Agua - CSIC.

2011

IDENTIFICACIÓN Y CARACTERIZACIÓN DE HÁBITATS DE PREFERENCIA PARA A POSTA E ALEVINAXE DE CEFALÓPODOS DE IMPORTANCIA COMERCIAL. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”) Investigador Principal: ANGEL GUERRA SIERRA-IIM-CSIC

AVES MARIÑAS AMEAZADAS POR FAUNA INVASORA: VIABILIDADE POBLACIONAL DAS AVES MARIÑAS E EFECTO DO VISÓN AMERICANO NO PN DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.(Convocatoria “Red de Parques Nacionales”) Investigador Principal: ALBERTO VELANDO RODRÍGUEZ- Universidade de Vigo.

2010

MONITORIZACIÓN DOS PROCESOS BIOXEOQUÍMICOS NOS SOLOS DE CANTIL E AUGAS COSTEIRAS EN RELACIÓN COA INFLUENZA DAS COLONIAS DE AVES MARIÑAS DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.(Convocatoria “Red de Parques Nacionales”) Investigador Principal: XOSÉ LUIS OTERO PÉREZ – Universidade de Santiago de Compostela.

2009

AVALIACIÓN E CONTROL DOS CONTAMINANTES ORGÁNICOS PERSISTENTES EN GAIVOTAS NIDIFICANTES NA REDE DE PARQUES NACIONAIS MARÍTIMO-TERRESTRE ESPAÑOIS. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”) Investigador Principal: SILVIA LACORTE BRUGUERA- CSIC

FERRAMENTAS PARA A CONSERVACIÓN DE POBOACIÓNS AMEAZADAS DE PROCELARIFORMES: PROCESOS DE COLONIZACIÓN E AGREGACIÓN SOCIAL NA PARDELA CINSENTA (CALONECTRIS DIOMEDEA) (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”)Investigador Principal: IGNACIO MUNILLA RUMBAO- Universidade de Vigo

2008

TELEDETECCIÓN DE ESPECIES INVASORAS CON ESPECTROSCOPÍA DE IMAXE  T(EI)2 - (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”)INVESTIGADOR PRINCIPAL: MARIA CALVIÑO CANCELA- Universidade de Vigo

2007

EFECTOS DOS CAMBIOS CLIMÁTICOS NATURAIS NOS COMPLEXOS SEDIMENTARIOS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA, DIAGNÓSTICO DA SITUACIÓN ACTUAL E PREVISIÓNS FUTURAS. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”) Investigador principal: IRENE ALEJO FLORES. Universidade de Vigo.

CONTROL INTEGRADO DE COMPLEXOS DE INVASIÓN NO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS (CAT). (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”)Investigador principal: LUIS ENRIQUE SANTAMARÍA GALDÓN- CSIC

IMPACTO SOCIOECONÓMICO DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”)Investigador principal: MARIA LUZ LOUREIRO GARCÍA- Universidad de Santiago de Compostela

2005

A IMPORTANCIA DOS RÉPTILES COMO VECTORES DE DISPERSIÓN DE SEMENTES NO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”)Investigador principal: LUIS NAVARRO ECHEVARRÍA- Universidade de Vigo

O MEDIO MARIÑO E A CONSERVACIÓN DUNHA AVE MARIÑA EN PERIGO DE EXTINCIÓN: O CORVO MARIÑO CRISTADO NO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”)Investigador principal: ALBERTO VELANDO RODRÍGUEZ- Universidad de Vigo

2003

OS INVERTEBRADOS MARIÑOS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS. 1. OS NEMERTINOS. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”) Investigador principal: JUAN Mª JUNOY PINTOS- Universidade de Alcalá.

2002

BASES PARA A XESTIÓN DA HERPETOFAUNA DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA: SUBPROXECTO II. AVALIACIÓN DO ESTADO DE CONSERVACIÓN E PLANS DE XESTIÓN DAS ESPECIES LIGADAS ÁS AUGAS DOCE. (Convocatoria “Red de Parques Nacionales”) Investigador principal: PEDRO MANUEL GALÁN REGALADO- Universidade de A Coruña.

OUTRAS CONVOCATORIAS

CARTOGRAFÍA E AVALIACIÓN DAS ZONAS E ESPECIES DE INTERESE NO PLAN DE ACTUACIÓN PARA A RECUPERACIÓN DO LOMBOS DO ULLA. (Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos- Xunta de Galicia). Investigador principal: JOSÉ MOLARES VILA- CETMAR). 2005.

BIOLOGÍA REPRODUCTIVA E CONSERVACIÓN DAS ESPECIES DO XÉNERO ARMERIA L. INCLUIDAS NO CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADAS DE GALICIA, COMO FERRAMENTAS PARA A XESTIÓN. Investigador principal: JOSE Mª SANCHEZ- Universidade de Vigo.

DESENVOLVEMENTO DUN BANCO DE XERMOPLASMA DE FLORA AMEAZADA DE GALICIA. Investigador principal: RODRIGO CARBAJAL VILLAVERDE- Universidade de Santiago de Compostela.

FACTORES QUE AFECTAN Á DISTRIBUCIÓN  E EXPANSIÓN DE SARGASSUM MUTICUM EN GALICIA. Investigador principal: MONICA INCERA FILGUERIA . 2007

AVALIACION DA PESQUERIA DE NAVALLA DA RIA DE PONTEVEDRA CARA A UNHA EXPLOTACION SOSTIBLE: ESTUDIO E INTEGRACION DOS ASPECTOS BIOLOXICOS E HIDRODINAMICOS NA SUA EXPLOTACION”. (Consellería do Mar). Investigador principal: ELSA VAZQUEZ OTERO, PATRICIA VERÍSIMO AMOR. Universidade de Vigo. 2008-2011

QUIROTEC: MONITORIZACIÓN E ESTUDO DO HÁBITA DE QUIRÓPTEROS A TRAVÉS DE REDES SENSORIAIS INHALÁMBRICAS. O CASO DO PN DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA. (Programa INCITE- Xunta de Galicia). Investigador principal: FRANCISCO ARCOS FERNÁNDEZ y XURXO CEGARRA GONZÁLEZ- Arcea Xestión de Recursos Naturais S.L. y Xunta de Galicia. 2008-11

SEGUIMENTO  DO ESTADO DE CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS DE MORCEDOS DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA. MOSTRAXES EXPLORATORIAS PARA A DETERMINACIÓN DO USO DO HÁBITAT, DA DINÁMICA POBLACIONAL E DA EVOLUCIÓN DA ABUNDANCIA RELATIVA. (Prptos gnal del Estado para Áreas de Influencia Socioeconómica del PN 2010). Investigador principal: FRANCISCO ARCOS FERNÁNDEZ- Arcea Xestión de Recursos Naturais S.L. 2008-11

SEGUIMENTO DA ABUNDANCIA LARVARIA DE MITYLUS GALLOPROVINCIALIS E DA FIXACIÓN DE SEMENTE NO INTERMAREAL ROCHOSO DA COSTA GALEGA. CARTOGRAFÍA  DO RECUBREMENTO DE MEXILLA E PERCEBE NAS ZONAS SELECCIONADAS DO TRAMO COSTEIRO ENTRE A GUARDA E FISTERRA. (Consellería do Mar- Xunta de Galicia). Investigador principal: (CETMAR). 2011.

ARTEVIGO NAS AGUAS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA. (CSIC-Instituto Mediterráneo de Estudios Avanzados. FRAN SABORIDO. IIM-CSIC. 2010-11.

DESENVOLVEMENTO E APLICACIÓN DE MARCADORES MOLECULARES PARA O MAËRL: DATOS PARA A SÚA CONSERVACIÓN. (Programa Nacional de Proyectos de Investigación- Ministerio de Ciencia e Innovación). Investigador principal: RODOLFO BARREIRO LOZADO –Universidade de A Coruña. 2010-13.

Seguimento dos valores naturais

Islas CíesO programa de seguimento dos valores naturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ten por obxecto monitorizar un amplo número de variables ambientais co obxecto de coñecer a tendencia do estado de conservación do Parque e servir de apoio ás decisións de xestión.

Adicionalmente, dende o Parque preténdese colaborar con outras institucións que realicen seguimentos ou investigacións ambientais. Para iso, o sistema de seguimento incorporouse a varias redes nacionais e internacionais de seguimento e investigación ecolóxica a longo prazo, como son LTER- España, ILTER, Rede de Observación Ambiental de Galicia e o Plan de Seguimento da Rede de Parques Nacionais.

O seguimento comprende rexistros automáticos en continuo recollidos mediante equipos instalados no campo e mostraxes de campo levadas a cabo por persoal especializado. Actualmente áchase en fase de implementación, considerando os seguintes aspectos:

  • Parámetros oceanográficos con sensores en boias 
  • Parámetros físico-químicos do medio mariño medidos dende a costa 
  • Rede de estacións meteorolóxicas 
  • Rede de hidrófonos para o seguimento dos cetáceos 
  • Seguimento de flora invasora 
  • Seguimento de fauna invasora 
  • Rexistradores de ultrasóns para o seguimento de morcegos 
  • Censos de aves mariñas nidificantes e invernantes 
  • Seguimento de londra 
  • Seguimento de especies de flora ameazada 
  • Conteo de visitantes 
  • Actividade extractiva pesqueira e marisqueira
  • Desenvolvementod o programa SACRE (Seguimento a longo prazo das poboacións de aves comúns e dispersas) de SEO/BirdLife a través do programa de voluntariado do OAPN.
  • Desenvolvementod o programa SACIN (Seguimento a longo prazo das poboacións de aves comúns invernantes) de SEO/BirdLife a través do programa de voluntariado do OAPN.

 

Vostede está aquí: Home Conservación-Investigación Investigación