Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Conservación

CONSERVACION no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

A conservación do patrimonio natural do Parque mediante as oportunas decisións de xestión é un obxectivo prioritario. As actuacións que se desenvolvan nel teñen como obxectivo a conservación dos seus valores naturais e dos procesos que os sustentan. Calquera actuación a desenvolver terá que ser compatible coa permanencia destes.

Na execución das actuacións de conservación téñense en conta unha serie de principios que se relacionan a continuación:

Islas Cíes

  • Aplicación do mellor coñecemento dispoñible e do principio de prevención. En caso de dúbida, adoptarase a decisión que resulte máis favorable á conservación da natureza.
  • Fomento, preferiblemente a través de acordos voluntarios, da incorporación ao patrimonio público dos territorios e os dereitos reais existentes no interior do parque.
  • Coordinación e colaboración coas Administracións presentes no ámbito do Parque.
  • No cumprimento das normas, e sen prexuízo da aplicación do principio de autoridade, a administración dará preferencia á información, a indución e disuasión fronte ás prohibicións.
  • Actuación coa mínima interferencia cara aos procesos naturais. Procurarase recuperar un estado o máis parecido posible ao resultante da evolución natural. Manterase e, no seu caso, recuperará a biodiversidade e funcionalidade propia dos sistemas naturais do parque, e evitarase a desaparición dos taxóns autóctonos. Non se autorizará a introdución de taxóns no autóctonos, e procurarase a erradicación das poboacións de especies invasoras.
  • Preservación da paisaxe, da calidade das augas e do aire

 

Medio mariño

Islas CíesO medio mariño ocupa a maior parte da superficie do Parque Nacional, a grand diversidade dos fondos mariños lle proporciona un elevado valor ecolóxico e un gran atractivo, tanto polas súas espectaculares paisaxes sumerxidas como pola súa riqueza en fauna e flora. Por este motivo, as medidas de conservación neste ámbito teñen unha especial importancia. As principais liñas de actuación actuais neste ámbito son a ordenación da navegación recreativa, a limpeza e protección dos fondos mariños e a colaboración coa consellería competente na regulación da pesca e o marisqueo mediante a información dos plans correspondentes.

Medio terrestre

Islas CíesO medio terrestre, malía ser tan só o 14% do territorio do Parque, e obxecto de estudo continuo e de importantes labouras de conservación pois constitúe o terreo con maior uso público. Neste senso, as tarefas de conservación van encamiñadas fundamentalmente a protección e mellora da flora das illas.

Dúas especies emblemáticas do Parque Nacional, Cytisus insularis -única especie endémica do Parque- e Corema album, foron obxecto dun programa de reprodución ex-situ, a fin tanto de salvagardar o acervo xenético das poboacións, como de asegurar a propia persistencia das mesmas, pois o estado de decaemiento e falta de vigor mostrado por ambas especies nos últimos dous anos chegou a ser preocupante.

As revisiones do estado fitosanitario das masas forestales seguíronse realizando como vén sendo habitual, exceptuando a incorporación por primeira vez dun seguimiento acerca da existencia do nematodo do piñeiro, o cal, afortunadamente, acadou resultados negativos.

Especies invasoras

Islas CíesA presenza de especies alóctonas que compite, desprazan ou depredan sobre as autóctonas é un problema de conservación acentuado nos medios insulares. No Parque Nacional das Illas Atlánticas estase a actuar nesta fronte.
* Existe un plan de control do visón americano e do gato doméstico, que ameazan principalmente ás aves mariñas, un dos máis importantes valores do Parque.
* En canto á flora terrestre invasora, as principais especies nas que se investiu o máximo esforzo foron as  realizadas sobre a uña de gato, a acacia negra, o eucalipto, a cala, a margarita africana, e a falsa árnica. Ademais, outras especies como o gramón, a vinca, a falsa acacia, a espinaca de Nueva Zelanda, a yuca  ou a herba mora tamén foron obxecto de control. Establecéronse protocolos de traballo totalmente distintos aos realizados ata o momento para o control da cala e da uña de gato, logrando uns resultados altamente satisfactorios, e que permitían un aforro económico substancial.
* No medio mariño actuouse sobre a alga invasora Sargassum muticum.

Patrimonio histórico

Islas CíesAs illas do Parque nacional albergaron ao longo da súa historia unha serie de asentamentos humanos que deixaron un interesante patrimonio cultural. Este patrimonio está a ser tamén obxecto de protección por parte do Parque. Entre as actuacións máis destacadas encóntranse as prospeccións para a realización dun inventario arqueolóxico, o acondicionamento e sinalización de petroglifos e varias campañas de prospección arqueolóxica submariña.

Edificios emblemáticos, poboados e outras construccións con valor etnográfico son obxecto de recuperación e posta en valor como parte do plan de conservación deste patrimonio. Asimesmo, a impronta cultural que os navegantes e poboadores deixaron deu como resultado a abundancia en saberes e quehaceres nos que se traballa para o seu coñecemento e conservación.

Uso público

O uso público no Parque Nacional é unha das áreas de traballo que máis influe na conservación do espazo. Este uso público recolle un conxunto de actividades  que influen directamente no medio natural e cultural: visitantes xerais, barcos de recreo, visitantes para actividades recreativas e deportivas, investigadores, voluntarios, ... e para eles son as instalacións hosteleiras e de servizos existentes no parque. Neste senso o Parque debe ter en conta que todas estas actividades e infraestructuras deben coidar que os seus impactos sexan evitados na medida do posible e ou correxidos para un uso sostible e compatible co disfrute do lugar. Principalmente as actuacións para a compatibilidade do uso e conservación deste espacio natural céntranse en:

Islas Cíes- Control da afluencia de visitantes ás illas no caso de limitación de entrada de visitantes.
- Control da afluencia de visitantes no uso dos servizos do parque.
- Control e mantemento dos camiños para senderismo e puntos de interés visitables.
- Xestión e control dos permisos ou autorizacións para a realización de actividades recreativas e deportivas.
- Programas de educación e sensibilización para a conservación do Parque Nacional.
- Control das instalacións e a súa actividade, análisis dos impactos e viabilidade.
- Xestión das actividades propias do parque nacional para visitantes.

 

Vostede está aquí: Home Conservación-Investigación Conservación