Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Programa Preamar

REDE PARA A RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS

NO PNMT ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

A conservación da biodiversidade é un aspecto fundamental para a supervivencia e o equilibrio de todos os ecosistemas, tanto dende o punto de vista económico, como desde o social ou do medioambiental. Neste sentido, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia presenta unha gran riqueza de hábitats e especies, tanto terrestres como mariñas, que fortalece o propio ecosistema e da que se benefician os sectores socioeconómicos circundantes. Porén, este aproveitamento de recursos e a convivencia de especies leva aparellada unha serie de ameazas sobre o medio que pode transformarse nun desequilibrio ecosistémico e socioeconómico de non intervir a tempo. Neste sentido, detectáronse actualmente unha serie de alteracións dentro do ecosistema debido aos residuos presentes tanto nos fondos mariños como nas praias, e é por isto, e para minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que se decidiu actuar nun dos enclaves do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Sálvora. 

O PROXECTO

O proxecto titulado Red para la recuperación de los ecosistemas marinos en el PNMT Illas Atlánticas de Galicia que van desenvolver ao longo deste ano 2018 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente a través do Programa pleamar, cofinanciado polo FEMP.    

COLABORADORES

Os colaboradores do proxecto son:

o   Instituto Español de Oceanografía

o   Intecmar

o   Universidade de Vigo

o   Universidade de Santiago de Compostela

o   Universidade da Coruña

o   Cofradía de Pescadores de Carreira y Aguiño

o   Concello de Ribeira

o   CIFP A Granxa e CIFP Lourizán

o   Asociación Amicos

o   Voluntariado do PNMTIAG

o   Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)  e as confrarías de pescadores integradas nos mesmos.

o   Asociación Española de Basuras Marinas.

o   Federación Galega de Actividades Subacuáticas

OBXECTIVOS

O obxectivo principal é recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do parque desde a sustentabilidade.

A sustentabilidade do proxecto pasa por integrar a conservación da biodiversidade e dos recursos naturais na poboación local, coa maior participación posible, sobre todo, do sector pesqueiro de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores do IEO, do Intecmar e das universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de formación profesional, voluntarios, concellos etc.

Estes destinatarios, colaboradores e beneficiarios integraranse na consecución dos seguintes obxectivos específicos:

1.    Fomentar o coñecemento, a xestión e a conservación dos recursos biolóxicos mariños, especialmente na Red Natura 2000, das zonas mariñas protexidas conforme á Directiva Marco de la Estrategia Marina e doutros espazos e hábitats protexidos.

2.    Recoller as artes de pesca perdidas e outros refugallos mariños.

3.    Fomentar a participación dos pescadores na protección e recuperación da biodiversidade.

4.    Mellorar o estado de conservación, e a capacidade de renovación dos recursos naturais e a biodiversidade, facilitando o cumprimento de obxectivos ambientais establecidos a nivel internacional, nacional e autonómico.

5.    Integrar a igualdade e a sustentabilidade na conservación da biodiversidade.

ACCIÓNS

As accións a realizar teñen como obxectivo avanzar no cumprimento dosobxectivos específicos do proxecto mediante un proceso de participación do sector socio-económico, polo que coa súa execución:

- Foméntase o coñecemento e o estado da arte respecto aos refugallos mariños no territorio.

- Defínese unha dirección de traballo común que facilita unha cohesión territorial en pro dun beneficio global.

-Actúase, eliminando os refugallos do territorio grazas á participación do sector socio-económico e o voluntariado.

-Infórmase ao público e implícaselle na solución do problema, todo baixo principios horizontais de igualdade e sustentabilidade.

 

Descarga a Guía das Boas Prácticas facendo click aquí

Descarga unha descripción dos Tipos de Basuras Mariñas facendo click aquí

 

 
 

Programa Preamar II

REDE PARA A RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS

NO PNMT ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

A supervivencia e o equilibrio de calquera ecosistema ten os seus piares máis fortes na conservación da biodiversidade, e neste senso, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, coa súa abraiante biodiversidade, convírtese nun área protexida da que se benefician os seus ecosistemas ademáis dos sectores socioeconómicos da súa propia área de influencia.

Así e todo, o aproveitamento dos seus recursos, xunto coa convivencia das especies alí presentes, leva aparellada unha serie de ameazas que poden chegar a rachar o equilibrio ecosistémico e socioeconómico se non se toman as medidas oportunas en tempo e forma.

A grave problemática que suponen os lixos mariños na actualidade en todo o planeta, é unha realidade da que tristemente o Parque Nacional non escapa, e é por isto, e co obxectivo primordial de minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que  no ano 2018 se decidiu actuar nun dos enclaves do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Sálvora, onde a “Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia” desenvolveu unha chea de actividades encamiñadas a paliar na maior medida do posible este preocupante problema.

Tralo éxito da campaña do 2018 no arquipélago de Sálvora, e coa experiencia adquirida ao longo de todo o ano, neste ano 2019 decidíuse continuar nesta mesma liña de actuación pero estendéndoa e focalizándoa noutros dos arquipélagos do PNMTIAG, os de Ons e Cortegada.

O PROXECTO

A esta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” cuxos traballos van a desenvolver ao longo deste ano 2019 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, súmaselles tamén, e coa mesma figura que o parque nacional o Instituto Español de Oceanografía(IEO).

Do mesmo xeito que no ano precedente, contaremos dentro do proxecto coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecolódica por medio do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), dentro dunha iniciativa enmarcada no proxecto LIFE IP INTEMARES “Gestión integrada, innovadora, y participativa de la Red Natura 2000 en el medio marino español”.

COLABORADORES

Os colaboradores do proxecto son:

o AMARCARRIL, Asociación de Mariscadoras de Carril 

o AMICOS, Asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual

o ANMUPESCA, Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca

o ASNAUGA, Asociación de Clubes Náuticos de Galicia

o Asociación Con Eles

o Asociación de Kayak de Mar Bueu

o Asociación Española de Basuras Marinas

o Asociación de Rañeiros de Arousa

o BATA, Baión Asociación Tratamiento de Autismo

o CETMAR

o Club Náutico Portonovo

o Club Mergullo CROA Foto-Sub

o Cofradía de Aguiño

o Consello Regulador do Mexilón de Galicia

o Escola de Capataces Forestais de Lourizán

o Espeleo Club Aradelas

o Federación Gallega de Actividades Subacuáticas

o Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra

o GALP Ría de Arousa

o GALP Ría de Pontevedra

o ICEMAR - Curso Especialista de Innovación Competitividad y Emprendimiento en torno al Mar da Universidade de Vigo

o INTECMAR

o Unión de Radioaficionados Estañoles, Estación Especial AN1WHC

o Universidade de Santiago de Compostela

o Universidadede Vigo

o WWF

o Xefatura Comarcal de Ribeira. Consellería do Mar

OBXECTIVOS

O principal obxectivo desta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” é o de recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do Parque Nacional desde a sustentabilidade, implicando na maior medida do posible á poboación local, sobre todo, do sector pesqueiro, ben sexa de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores de diferentes organismos e universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de ensino, voluntarios, concellos, etc.

 
 
 

Actividades e programas Parque Nacional

A protección deste espazo protexido é tarefa de toda a sociedade, de aí a importancia do seu coñecemento e valorización. A este respecto, o Parque Nacional considera imprescindible a implicación da poboación local, polo que centra os seus esforzos na divulgación dos seus valores naturais e culturais no ámbito máis próximo. Con este fin, o Parque Nacional vén desenvolvendo nos últimos anos varios programas e actividades dirixidos especialmente aos escolares do territorio próximo, cun índice moi alto de participación, e ao público en xeral cuxos resultados están sendo moi positivos. A nosa aposta pola divulgación e valorización deste emblemático parque concrétase nas seguintes actividades e programas que se indican.

Actividades divulgativas e formativas

A valorización deste espazo protexido depende en gran medida de que a información que se divulga sobre el sexa veraz e pertinente. Por iso realízase un importante esforzo en xestionar esa información e presentala ao público a través de distintos formatos (talleres para nenos, proxeccións, charlas, formación de empresas con actividade no parque, etc...) contando, na medida do posible, cos autores ou profesionais do ámbito.

 

 

 

 

Vostede está aquí: Home