Parque Nacional das Illas Atlanticas de Galicia

                                                    Actualidade:                  Español    Galician

Artigos

Programa Preamar II

REDE PARA A RECUPERACIÓN DOS ECOSISTEMAS MARIÑOS

NO PNMT ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

A supervivencia e o equilibrio de calquera ecosistema ten os seus piares máis fortes na conservación da biodiversidade, e neste senso, o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, coa súa abraiante biodiversidade, convírtese nun área protexida da que se benefician os seus ecosistemas ademáis dos sectores socioeconómicos da súa propia área de influencia.

Así e todo, o aproveitamento dos seus recursos, xunto coa convivencia das especies alí presentes, leva aparellada unha serie de ameazas que poden chegar a rachar o equilibrio ecosistémico e socioeconómico se non se toman as medidas oportunas en tempo e forma.

A grave problemática que suponen os lixos mariños na actualidade en todo o planeta, é unha realidade da que tristemente o Parque Nacional non escapa, e é por isto, e co obxectivo primordial de minimizar e previr a perda de biodiversidade, polo que  no ano 2018 se decidiu actuar nun dos enclaves do Parque Nacional, en concreto no arquipélago de Sálvora, onde a “Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia” desenvolveu unha chea de actividades encamiñadas a paliar na maior medida do posible este preocupante problema.

Tralo éxito da campaña do 2018 no arquipélago de Sálvora, e coa experiencia adquirida ao longo de todo o ano, neste ano 2019 decidíuse continuar nesta mesma liña de actuación pero estendéndoa e focalizándoa noutros dos arquipélagos do PNMTIAG, os de Ons e Cortegada.

O PROXECTO

A esta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” cuxos traballos van a desenvolver ao longo deste ano 2019 o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) e o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (PNMTIAG) en condición de socio, súmaselles tamén, e coa mesma figura que o parque nacional o Instituto Español de Oceanografía(IEO).

Do mesmo xeito que no ano precedente, contaremos dentro do proxecto coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecolódica por medio do Programa pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), dentro dunha iniciativa enmarcada no proxecto LIFE IP INTEMARES “Gestión integrada, innovadora, y participativa de la Red Natura 2000 en el medio marino español”.

COLABORADORES

Os colaboradores do proxecto son:

ALENTO, Asociación de Daño Cerebral

AMARCARRIL, Asociación de Mariscadoras de Carril 

AMICOS, Asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual

ANMUPESCA, Asociación Nacional de Mujeres de la Pesca

ASNAUGA, Asociación de Clubes Náuticos de Galicia

Asociación Con Eles

Asociación de Kayak de Mar Bueu

Asociación Española de Basuras Marinas

Asociación de Rañeiros de Arousa

Asociación Rompetimóns

BATA, Baión Asociación Tratamiento de Autismo

CEMMA, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

CETMAR

Concello de Vilagarcía de Arousa

Club Náutico Portonovo

Club Mergullo CROA Foto-Sub

Club Subacuático Pérez-Sub

Club Subacuático SotaventoCofradía de Aguiño

Consello Regulador do Mexilón de Galicia

Escola de Capataces Forestais de Lourizán

Espeleo Club Aradelas

Federación Gallega de Actividades Subacuáticas

Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra

GALP Ría de Arousa

GALP Ría de Pontevedra

ICEMAR - Curso Especialista de Innovación Competitividad y Emprendimiento en torno al Mar da Universidade de Vigo

IGAFA, Instituto Galego de Formacion en Acuicultura

INTECMAR

Porto de Marín

Portosub Centro de Buceo

Reciclanoil S.L.

SpainKayak

Unión de Radioaficionados Estañoles, Estación Especial AN1WHC

Universidade de Santiago de Compostela

Universidadede Vigo

WWF

Xefatura Comarcal de Ribeira. Consellería do Mar

 

OBXECTIVOS

O principal obxectivo desta “II Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no PNMT Illas Atlánticas de Galicia” é o de recuperar a biodiversidade e os ecosistemas mariños do Parque Nacional desde a sustentabilidade, implicando na maior medida do posible á poboación local, sobre todo, do sector pesqueiro, ben sexa de modo individual ou por medio dos GALP. Tamén se traballará con investigadores de diferentes organismos e universidades galegas, así como con entidades do terceiro sector, centros de ensino, voluntarios, concellos, etc.

DOCUMENTOS E INFOGRAFÍAS

 

 
 
 
Vostede está aquí: Home