cabecera

Mapa Cortegada Salvora Islas Cíes Ons Archipiélago de Cortegada Archipiélago de Sálvora Archipiélago de Ons Islas Cíes Islas Cíes

Os arquipélagos de Cies, Ons, Sálvora, Cortegada e o ámbito mariño que os rodean forman a contrastada paisaxe verde azulada que caracteriza ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Somerxidos entre as súas augas consérvanse algúns dos máis representativos exemplos de ecosistemas mariños atlánticos, os cales atesouran unha gran riqueza biolóxica. A súa localización, fronte ás Rías Baixas, crea unha barreira natural ante o océano que acentúa o ambiente estuárico das rías. No medio terrestre destacan os sistemas dunares, os acantilados e as matogueiras de toxo e breixo. No medio mariño con fondos rochosos son importantes as comunidades dos bosques de algas pardas (Sacorhiza polyschides e Laminaria spp) que dan acubillo a unha gran variedade de seres vivos. As correntes mariñas depositan as areas nas zonas máis resgardadas que xunto cos importantes fondos de Mäerl (conformados por restos de algas calcáreas) crean uns medios de substrato móbil ao que se deben adaptar os seres vivos.

menu home Noticias Galería Como Llegar Previsión Meteorológica

últimasnovas

  • Curso de Formación de Guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas

    Convócase, coma todos os anos, o Curso de Formación de Guías para o Parque Nacional das Illas Atlánticas que terá lugar en Vigo do 11 ao 15 de xuño e que vai dirixido principalmente a profesionais relacionados coa educación e interpretación ambiental así como do sector turístico que operan no ...

  • Listaxe definitiva de participantes admitidos nas VII xornadas formativas

    As persoas admitidas que finalmente non poidan asistir deberán poñerse en contacto telefónico co Parque Nacional o antes posible a efectos de poder admitir a outros solicitantes que se atopen en lista de espera. O feito de non comunicar con antelación (salvo causas debidamente xustificadas) a ...

proximasactividades