Carta Europea de Turismo Sostenible

A CETS no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia está na actualidade a tramitar a Carta Europea de Turismo Sostible situándose na Fase I.

Comezamos con este proxecto en xaneiro de 2014, creándose o Foro permanente de turismo sostible e o Grupo de Traballo da Carta, nos que interveñen os distintos actores da Área de Influencia Socioeconómica

Ao longo de 2014, a través de reunións regulares co Foro Permanente e co Grupo de Traballo elaborouse o Dossier da candidatura formado polo Diagnóstico, a Estratexia e o Plan de Acción para os próximos cinco anos (2015-2019).

Este Dossier da candidatura resultado final do traballo intenso realizado durante 2014, foi presentado publicamente o 11 de decembro de 2014, no Auditorio Municipal de Vilagarcía e enviado Europarc, quedando á espera da auditoría correspondente.

Finalmente, os días 2 e 3 de xuño, visitounos Isabel Junqueras, auditora da Carta Europea. Compartimos con ela unha reunión do Grupo de Traballo e viaxamos ata Cortegada e Cíes, para amosarlle o funcionamento e os valores do Parque Nacional.

Actualmente, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, está agardando a resolución da auditoría da CETS, que en principio, nos comunicará Eurparc no mes de setembro.

 

Aquí podedes ver o histórico das reunión realizadas:

30/01/2014 - “Xornada de Presentación da Candidatura” - Edificio PNMTIAG, Vigo.

13/02/2014 - 1ª Reunión do Grupo de Traballo - Edificio PNMTIA, Vigo.

27/02/2014 - 1ª Reunión do Foro Permanente - Edificio PNMTIA, Vigo.

14/03/2014 - 2ª Reunión do Grupo de Traballo - Edificio PNMTIA, Vigo.

25/03/2014 - 2ª Reunión do Foro Permanente - Edificio PNMTIA, Vigo.

10/04/2014 - 3ª Reunión do Foro Permanente: “Xornada de Validación do Diagnóstico inicial do PNMTIAG”
                        Edificio PNMTIA, Vigo

10/06/2014 - 4ª Reunión do Grupo de Traballo: “Xornada de Presentación da Estratexia” - Edificio PNMTIA, Vigo.

10/06/2014 - 4ª Reunión do Foro Permanente: “Xornada de Presentación da Estratexia” - Edificio PNMTIA, Vigo.

21/10/2014 - 5ª Reunión do Grupo de Traballo e Foro Permanente: “Xornada de Validación da Estratexia e Presentación
                        do Plan de Acción”
- Edificio PNMTIA, Vigo.

11/12/2014 - 6ª Reunión do Grupo de Traballo do Foro Permanente: ”Xornada de Validación do Plan de Acción e
                        Aprobación do Dosier de Candidatura”
- Auditorio Municipal, Vilagarcía de Arousa.

26/03/2015 - 7ª Reunión do Grupo de Traballo e do Foro Permanente: Seguimento do Plan de Acción - Edificio PNMTIA, Vigo.

02/06/2015 - Auditoría, Reunión do Grupo de Traballo coa auditora - Edificio PNMTIA, Vigo.


© 2015 Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlanticas de Galicia - Edificio Cambón, Rua Palma 4 - Casco Vello (Vigo)